Decreto 254/2006, do 30 de novembro, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, dunha parcela en Biobra, concello de Rubiá, feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia pola Xunta Veciñal de Montes en Man Común Serra da Encina.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Con data do 4 de marzo de 2006 a Xunta Veciñal de Montes en Man Común Serra da Encina, de Biobra, realiza oferta de cesión gratuíta da propiedade, dunha parcela da súa titularidade en Outeiro, Biobra, Concello de Rubiá.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o expediente de aceptación logo de informe favorable da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

De acordo co disposto no artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 34.1º do Regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens, a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de novembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Aceptar a cesión do ben inmoble, feita pola Xunta Veciñal de Montes en Man Común Serra da Encina, coas seguintes características:

Parcela rústica, ao nomeamento de Aira de San Roque, pasteiro duns 776 metros cadrados situada no lugar de Outeiro, en Biobra, Concello de Rubiá, Ourense que estrema ao norte con terreo denominado Xogo de Bolos de Arriba; sur, camiño; leste, herdeiros de Manuel López; e oeste, herdeiros de Ildifonsa López; e con referencia catastral 32074A022002160000XB.

Artigo 2º

Na parcela, como condición do cedente, a Xunta de Galicia instalará o centro de interpretación do Parque Natural da Serra da Lastra. Se por calquera causa o centro de interpretación deixase nun futuro de realizar a súa actividade, a Xunta Veciñal de Montes en Man Común Serra da Encina, recuperará a propiedade da parcela, nas condicións en que nese...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR