Decreto 207/2006, do 16 de novembro, polo que se suspende a vixencia das normas subsidiarias de planeamento municipal da Estrada (Pontevedra) e se aproba a ordenación urbanística provisional aplicable ata a entrada en vigor do novo plan.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto
  1. As normas subsidiarias de planeamento municipal da Estrada foron aprobadas definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo, con data do 11 de outubro de 1978.

    O acordo de aprobación definitiva, publicado no BOP de Pontevedra nº 276, do 29 de novembro de 1978, especifica que a vixencia máxima das normas será de dous anos para facilitar a aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación.

    Desde aquela data, o Concello da Estrada elaborou e tramitou xa ata tres plans xerais de ordenación diferentes sen que ningún deles chegase a acadar a aprobación definitiva, incumpríndose o prazo fixado no acordo de aprobación definitiva das normas subsidiarias de planeamento municipal.

  2. As vixentes normas subsidiarias de planeamento municipal non se adaptan á lexislación urbanística autonómica actualmente en vigor -a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e pro

    tección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro-, nin tampouco á lexislación básica do Estado -a Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións-, a pesar de ter concluído o prazo establecido na disposición transitoria segunda da Lei 9/2002, para adaptar o planeamento urbanístico municipal ao disposto na lei vixente.

    Esta falta de adaptación á lexislación urbanística vixente resulta particularmente grave no que atinxe á clasificación urbanística do solo para aplicar o réxime xurídico correspondente. O planeamento vixente non distingue entre o solo urbano consolidado e o non consolidado e unha parte importante dos terreos clasificados como urbanos non reúnen as condicións establecidas no artigo 12 a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

    A ordenación urbanística establecida para o solo urbano resulta obsoleta, con edificabilidades superiores aos límites de sustentabilidade establecidos no artigo 46 da Lei 9/2002 e sen previsión de novas reservas de solo para dotacións públicas locais, incumprindo os estándares mínimos de calidade de vida e cohesión social establecidos no artigo 47 da Lei 9/2002.

    O planeamento vixente non delimita o ámbito dos núcleos rurais tradicionais existentes no termo municipal, que conta con 473 entidades de poboación, distribuídas en 51 parroquias, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística.

    As vixentes normas subsidiarias non conteñen un catálogo do patrimonio cultural existente dentro do termo municipal, deixando sen protección o patrimonio arquitectónico, os xacementos arqueolóxicos e outros elementos do patrimonio cultural con grave risco de que desaparezan por completo.

    No mesmo senso, debe sinalarse que as normas do ano 1978 non conteñen determinacións tendentes a protexer, delimitar e identificar os espazos naturais existentes dentro do municipio, nin das áreas susceptibles de protección polos seus valores paisaxísticos, ecolóxicos, históricos, culturais e outros merecedores de protección.

    Ao anterior debe engadirse a ausencia de calquera previsión relativa ao sistema xeral de espazos libres e zonas verdes de dominio e uso público, que segundo a lexislación actual non pode ser inferior a 15 m por cada 10 m edificables de uso residencial, así como a ausencia de previsión do sistema xeral de equipamentos, que non pode ser inferior a 5 m por cada 100 m edificables de uso residencial.

    Ademais, o modelo territorial establecido nas normas subsidiarias de planeamento quedou substancialmente alterado como consecuencia das actuacións de carácter supramunicipal levadas a cabo pola Administración autonómica e estatal, como son as instalacións da Academia Galega de Seguridade (hoxe Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia), a variante da estrada N-640 e as infraestruturas ferroviarias do AVE Santiago-Ourense.

    En definitiva, as deficiencias da ordenación urbanística contidas nas normas subsidiarias de planea

    mento municipal de 1978, a excesiva capacidade residencial permitida polo plan, as insuficientes previsións do sistema viario, de infraestruturas, de zonas verdes e de dotacións urbanísticas, a clasificación do solo inadecuada, os valores do medio natural e do patrimonio construído, o carácter obsoleto da normativa vixente, que xera inseguridade xurídica e non diferenza entre o solo urbano consolidado e non consolidado, están a poñer en grave risco o desenvolvemento equilibrado e sustentable do territorio.

  3. A gravidade da situación motivou que o Pleno do Concello da Estrada, en sesión extraordinaria e urxente celebrada o pasado 2 de agosto de 2006, por unanimidade, acordase solicitar da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes a adopción das medidas urxentes para evitar as graves consecuencias derivadas da aplicación das normas subsidiarias de planeamento municipal de 1978.

  4. A Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, no seu artigo 96, establece que o Consello da Xunta de Galicia, por instancia do conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, e logo de audiencia do concello afectado, poderá suspender para a súa revisión, en todo ou en parte do ámbito a que se refiran, a vixencia dos instrumentos de ordenación urbanística. Así mesmo, establece que coa suspensión se aprobará a ordenación provisional que se publicará no Diario Oficial de Galicia e estará vixente con carácter transitorio ata a entrada en vigor do novo planeamento.

  5. A ordenación urbanística provisional redactouse atendendo aos seguintes criterios:

    1. Nos terreos que as normas subsidiarias de planeamento municipal da Estrada de 1978 clasificaron como solo urbano, diferénciase o consolidado do non consolidado atendendo ao disposto no artigo 12 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Na categoría de solo urbano consolidado incluíronse os terreos que merecen a condición de soares ou que, polo seu grao de urbanización efectiva e asumida por esta ordenación urbanística, poidan adquirir a condición de soar mediante obras accesorias e de escasa entidade que poidan executarse simultaneamente coas de edificación e construción. Incluíronse na categoría de solo urbano non consolidado a restante superficie de solo urbano que no momento de iniciarse o expediente de suspensión non reunía os requisitos para ser considerado como consolidado.

      En prol da seguridade xurídica, con esta ordenación provisional apróbase un plano de delimitación do perímetro do solo urbano consolidado, no que se reflicte tamén o ámbito de aplicación das distintas ordenanzas.

      A ordenación provisional do solo urbano consolidado baséase nas ordenanzas establecidas nas normas subsidiarias de planeamento urbanístico da Estrada, coas medidas cautelares necesarias para manter a trama urbana existente.

      A ordenación urbanística do solo urbano non consolidado é función que corresponde ao futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal, no que deberán incorporarse os límites de edificabilidade e as reservas

      mínimas de solo para dotacións públicas e para vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública, de conformidade co establecido na Lei 9/2002.

    2. No solo urbanizable inclúense os sectores que contan con plan parcial aprobado definitivamente antes da suspensión do planeamento.

    3. Naqueles asentamentos de poboación existentes no termo municipal da Estrada, nos cales concorran os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, aplicarase o réxime establecido para o solo de núcleo rural, aínda que, dado que as normas subsidiarias de planeamento municipal de 1978 non delimitaron o seu ámbito, e mentres non sexan delimitados definitivamente no futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal, para posibilitar a edificación neles poderán aprobarse as delimitacións de núcleos rurais ao abeiro do número 2 da disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro.

    4. Os terreos que as normas subsidiarias de planeamento clasificaron como solo non urbanizable quedan sometidos aos correspondentes réximes de especial protección establecidos na Lei 9/2002, en función dos valores naturais, paisaxísticos, culturais, forestais ou de protección do dominio público que concorren.

  6. Na tramitación do expediente de suspensión cumpriuse o procedemento establecido no artigo 96 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

    Conferido trámite de audiencia ao Concello da Estrada, o Pleno da Corporación, en sesión do 6 de novembro de 2006, acorda aceptar a proposta de ordenación urbanística provisoria contida no proxecto de decreto.

    A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, en sesión do 10 de novembro de 2006, emite ditame favorable sobre o proxecto de decreto.

  7. De...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR