Resolución do 15 de novembro de 2002 pola que se convocan dúas bolsas de colaboración en materia de redacción e corrección do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorPARLAMENTO DE GALICIA
Rango de LeyResolución

A Mesa do Parlamento, o día 11 de novembro, prestou a súa aprobación á creación e dotación de dúas bolsas de colaboración en materia de redacción e corrección do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia.

Con esta finalidade a cámara contribúe á realización de prácticas complementarias ós estudios universitarios para formar especialistas neste ámbito, formación que lles permitirá acceder no mercado laboral a postos que teñan funcións compatibles ou conexas coas agora programadas.

De se cumpriren as previsións establecidas, a súa actividade de colaboración co Parlamento de Galicia iniciarase en xaneiro do ano 2003.

Na súa virtude, convócanse as referenciadas bolsas segundo as bases que se achegan a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2002.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia

Bases da convocatoria de dúas bolsas de colaboración en materia de redacción e corrección do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia.

Primeira.- Obxecto.

O Parlamento de Galicia convoca dúas bolsas de colaboración para a realización de traballos de redacción e corrección do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia.

Segunda.- Duración e dotación económica.

As bolsas terán unha duración dun ano natural, non prorrogable.

A dotación económica será de 2.242,06 euros/mes brutos por bolsa de colaboración coa retención fiscal que lle corresponda.

Terceira.- Natureza xurídica da relación

A condición de bolserio ou bolseira non xerará unha relación laboral nin administrativa co Parlamento de Galicia nin a súa inclusión na Seguridade Social. Será incompatible coa percepción doutras bolsas.

O Parlamento contratará un seguro de accidente e enfermidade para cada un dos bolseiros polo tempo

de duración da bolsa, no caso de non teren estes cubertas as ditas continxencias.

Cuarta.- Requisitos dos solicitantes.

Poderán optar ás bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Seren licenciadas universitarias

  2. Non estaren percibindo outras bolsas ou axudas ou realizando actividade profesional remunerada.

    Quinta.- Solicitudes.

    As persoas interesadas presentarán no Rexistro do Parlamento, dentro dos quince días naturais seguintes ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

  3. Unha instancia de admisión para participar nas probas de selección, dirixida ó presidente do Parlamento de Galicia.

  4. Un currículo acompañado de certificación académica, na que se detallen as cualificacións...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR