Decreto 233/2006, do 23 de novembro, polo que se modifica o Decreto 92/1989, do 19 de marzo, polo que se aproba a afectación secundaria á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dunha parcela situada no recinto portuario de Vilanova de Arousa.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O presidente de Portos de Galicia solicitou da Secretaría Xeral e do Patrimonio a incoación dun proce

demento de revogación parcial dunha afectación secundaria feita a favor da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por Decreto 92/1989, do 19 de marzo (Diario Oficial de Galicia nº 107, do 6 de xuño), para a execución das obras contidas no proxecto de remodelación da dársena interior do porto de Vilanova de Arousa.

A incoación do expediente de revogación parcial da afectación secundaria tramitouse segundo o disposto nos artigos 12 da Lei 3/1985, do 12 de abril, e 31 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, con audiencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de novembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase o artigo primeiro do Decreto 92/1989, do 19 de marzo, e revógase a afectación secundaria imposta a favor da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nunha franxa de 462 m de superficie de terreos do dominio público portuario do porto de Vilanova de Arousa, para a execución das obras contidas no proxecto de remodelación da dársena interior do porto de Vilanova de Arousa.

A dita revogación implica a ocupación por parte de Portos de Galicia dunha franxa de catro metros ao longo da marxe dereita da vía de acceso ao porto de Vilanova de Arousa.

Artigo 2º

A revogación parcial conferirá a Portos de Galicia, titular da afectación principal, sobre a devandita franxa de terreo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR