Decreto 295/2004, do 25 de novembro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2005.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Plan galego de estatística é, conforme o artigo 6 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da Comunidade Autónoma de Galicia. Para o seu desenvolvemento e a súa execución, o Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, aprobará un programa estatístico que terá a vixencia dun ano natural conforme establece o artigo 9 da citada lei.

O obxecto deste decreto é aprobar o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2005, en execución do Plan galego de estatística 2002-2006, aprobado pola Lei 10/2001, do 17 de setembro (DOG nº188, do 27 de setembro).

En virtude de todo o anterior, de acordo co disposto no artigo 9 da citada Lei 9/1988, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, oído o Consello Galego de Estatística e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na reunión do día vinte e cinco de novembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2005. Este pro

grama está integrado polo conxunto das seguintes actividades estatísticas:

  1. Aquelas que darán cumprimento aos obxectivos das metas de información do Plan galego de estatística 2002-2006 e que son recollidas no anexo I deste decreto.

  2. As aprobadas ao abeiro do artigo 8 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, que se recollen no anexo II deste decreto.

  3. Aquelas que darán cumprimento aos obxectivos das metas instrumentais do citado plan e que figuran no anexo III deste decreto.

Artigo 2º

As actividades estatísticas incluídas neste programa e que integran as metas de información están sometidas ás seguintes regras xerais:

  1. A súa execución farase con criterios obxectivos e de conformidade cos principios científicos que aseguren a súa corrección técnica.

  2. Manterán o segredo estatístico no que respecta a datos individuais utilizados nas ditas actividades.

  3. As actividades estatísticas que non sexan responsabilidade do Instituto Galego de Estatística e que cumpran os criterios establecidos no artigo 4º serán homologadas por este.

  4. Os resultados e produtos estatísticos obtidos difundiranse adecuadamente.

Artigo 3º

As actividades estatísticas incluídas neste programa e que integran as metas de información:

  1. Designarán os organismos responsables de executar a actividade.

  2. Determinarán os obxectivos de cada actividade.

  3. Determinarán o tipo de actividade estatística de que se trata.

  4. Establecerán o ámbito poboacional.

  5. Especificarán a desagregación territorial dos resultados.

  6. Determinarán a periodicidade da actividade.

Artigo 4º

As actividades estatísticas incluídas neste programa, que non son responsabilidade do Instituto Galego de Estatística, serán obxecto de homologación por parte deste cando:

  1. Sexan de carácter xeral e especial interese para o sistema estatístico galego.

  2. Sexan explotacións de datos procedentes de rexistros administrativos propios da Administración galega, de enquisas realizadas polos organismos responsables da actividade ou estatísticas de síntese.

    Para a súa homologación, estas actividades deberán cumprir os seguintes requisitos:

  3. Con anterioridade á realización da actividade, deberá presentarse ao IGE, para a súa consideración, un proxecto técnico básico no cal se recollan os principais aspectos metodolóxicos para a súa execución.

  4. Con anterioridade á difusión dos resultados, deberá presentarse ao IGE, para a súa consideración, o contido previo da publicación.

    O Instituto Galego de Estatística emitirá un informe preceptivo sobre o cumprimento das instrucións relativas á elaboración do proxecto técnico e á adecuación da difusión dos seus resultados.

Artigo 5º

De acordo co previsto no artigo 22 da Lei 10/2001, do 17 de setembro, as consellerías responsables da execución das actividades estatísticas remitiranlle os resultados desas actividades ao IGE, sen menoscabo do seguimento do grao de execución por parte do IGE, que informará sobre el o Consello Galego de Estatística.

As actividades estatísticas incluídas no programa estatístico anual que sexan obxecto de difusión están sometidas ás características técnicas contidas na orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 14 de outubro de 2004.

Artigo 6º

O IGE, como organismo responsable da elaboración do Plan galego de estatística e os programas estatísticos anuais, coordinará a execución deste programa e levará a cabo cantas actuacións sexan necesarias no cumprimento do artigo 5 da Lei 10/2001, do 17 de setembro, do Plan galego de estatística 2002-2006.

Disposición adicional

As actividades estatísticas incluídas neste programa levaranse a efecto dentro das dispoñibilidades orzamentarias existentes no estado de gastos do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para 2005.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o titular da Consellería de Economía e Facenda para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución desta presente norma.

Segunda.-Esta disposición entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2005.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de novembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

Metas de información ao abeiro da Lei 10 /2001, do 17 de setembro, do Plan Galego de Estatística 2002-2006.

  1. Área de estatísticas demográficas.

    1.0.3. Movemento natural da poboación.

    Organismos responsables: Instituto Galego de Estatística.

    Tipo de actividade estatística: de orixe administrativa.

    Obxectivos: dispoñer de información actualizada sobre os nacementos, defuncións e matrimonios de residentes en Galicia, así como a súa distribución segundo certas variables de interese.

    Ámbito poboacional: nacementos de nais residentes en Galicia, as persoas falecidas con residencia en Galicia e os matrimonios que teñen previsto fixar a súa residencia en Galicia.

    Desagregación territorial: concellos.

    Periodicidade da actividade: anual.

    1.0.4. Movementos migratorios.

    Organismos responsables: Instituto Galego de Estatística.

    Tipo de actividade estatística: de orixe administrativa.

    Obxectivos: coñecer o número e as características das migracións que teñen por orixe ou destino algún concello galego.

    Ámbito poboacional: poboación migrante.

    Desagregación territorial: concellos.

    Periodicidade da actividade: anual.

    1.0.6. Proxeccións de fogares.

    Organismos responsables: Instituto Galego de Estatística.

    Tipo de actividade estatística: de síntese.

    Obxectivos: establecer as estimacións do número futuro de fogares e/ou familias atendendo a certas clasificacións básicas.

    Ámbito poboacional: non procede.

    Desagregación territorial: provincias.

    Periodicidade da actividade: irregular.

    1.0.8. Indicadores demográficos.

    Organismos responsables: Instituto Galego de Estatística.

    Tipo de actividade estatística: de síntese.

    Obxectivos: definir, elaborar e manter un sistema de indicadores demográficos que ofreza unha imaxe de síntese sobre a situación demográfica nos distintos ámbitos territoriais.

    Ámbito poboacional: non procede.

    Desagregación territorial: concellos.

    Periodicidade da actividade: anual.

  2. Área de estatísticas sociais.

    Sección 2.1. Estatísticas educativas.

    2.1.1. Rexistro de Centros.

    Organismos responsables: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    Tipo de actividade estatística: de orixe administrativa.

    Obxectivos: coñecer a estrutura e os datos identificativos dos centros de ensino de Galicia (ensinanzas, unidades, profesorado...).

    Ámbito poboacional: centros públicos e privados de Galicia.

    Desagregación territorial: Galicia.

    Periodicidade da actividade: continua.

    2.1.2. Datos estatísticos do ensino non universitario.

    Organismos responsables: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    Tipo de actividade estatística: de orixe administrativa.

    Obxectivos: coñecer as características e a evolución do sistema educativo non universitario de Galicia.

    Ámbito poboacional: centros educativos.

    Desagregación territorial: Galicia.

    Periodicidade da actividade: anual.

    2.1.3. Datos estatísticos do sistema universitario.

    Organismos responsables: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    Tipo de actividade estatística: de orixe administrativa.

    Obxectivos: coñecer as características e a evolución do sistema universitario de Galicia.

    Ámbito poboacional: centros universitarios.

    Desagregación territorial: Galicia.

    Periodicidade da actividade: anual.

    2.1.4. Gasto público en educación.

    Organismos responsables: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    Tipo de actividade estatística: de orixe administrativa.

    Obxectivos: coñecer os datos sobre o gasto público en educación.

    Ámbito poboacional: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    Desagregación territorial: Galicia.

    Periodicidade da actividade: anual.

    Sección 2.2. Estatísticas sanitarias.

    2.2.1. Análise da mortalidade.

    Organismos responsables: Consellería de Sanidade.

    Tipo de actividade estatística: de orixe administrativa.

    Obxectivos: obter os datos de mortalidade de Galicia en número de casos e taxas por enfermidades e grupos de enfermidades.

    Ámbito poboacional: defuncións.

    Desagregación territorial: concellos.

    Periodicidade da actividade: anual.

    2.2.2. Enfermidades de declaración obrigatoria.

    Organismos responsables: Consellería de Sanidade.

    Tipo de actividade estatística: de orixe administrativa.

    Obxectivos: coñecer a incidencia de certas enfermidades transmisibles e de todos os abrochos, coa intención de evitar a súa difusión no territorio galego e mesmo alén del.

    Ámbito poboacional: colectivo de enfermos asistidos por médico que notifica.

    Desagregación territorial: concellos.

    Periodicidade da actividade: continua.

    2.2.3. Sistema de información microbiolóxica de Galicia (SIMG).

    Organismos responsables...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR