Decreto 187/2010, do 11 de novembro, polo que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais nas universidades do sistema universitario de Galicia para o curso 2010-2011.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31º, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro, transferiulle á comunidade autónoma competencias en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola comunidade autónoma e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Decreto 62/1988, do 17 de marzo.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, establece no seu artigo 8º.2 que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional serán acordadas pola comunidade autónoma, ben por propia iniciativa, co acordo do Consello de Goberno da Universidade, ben por iniciativa da universidade mediante proposta do Consello de Goberno, en ambos os casos con informe previo favorable do Consello Social.

O artigo 35º.2 da Lei orgánica 6/2001 establece que, ademais do recollido no parágrafo anterior, as universidades deberán obter a verificación do Consello de Universidades de que o oportuno plan de estudos se axusta ás directrices e condicións establecidas polo Goberno. Na súa virtude, polo Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, estableceuse a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. A verificación positiva dos plans de estudo das titulacións que se autorizan neste decreto foi acordada polo Consello de Universidades.

No ámbito autonómico esta materia está regulada pola Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, e o Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia, e no Decreto 66/2007, do 29 de marzo, polo que se establece o procedemento de autorización para a implantación de estudos universitarios oficiais de posgrao conducentes ao título de máster ou de doutor, téndose acordado no Consello Galego de Universidades do 5 de novembro de 2007 unhas liñas xerais para a implantación dos estudos de grao e de posgrao no sistema...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR