Decreto 253/2006, do 30 de novembro, de aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Lugo na zona de San Cibrao.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto
  1. O Concello de Lugo remite o proxecto de modificación puntual referido, para a súa aprobación definitiva, conforme o artigo 85.5º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

  2. O Concello de Lugo dispón na actualidade dun Plan Xeral de Ordenación Urbana aprobado definitivamente por orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 27 de decembro de 1990. Así mesmo, o concello aprobou definitivamente, o 2 de decembro de 2002, unha modificación puntual do plan xeral que clasificaba como sistema xeral sanitario unha superficie de 188.100 m para posibilitar a construción dun novo hospital en Lugo, nuns terreos que lindan co ámbito obxecto desta modificación.

  3. A modificación é formulada polo Concello de Lugo e ten por finalidade facilitar o cumprimento das obrigas derivadas da execución dun convenio asinado polo concello e mais a Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos do Ministerio de Defensa, aprobado polo Pleno do Concello o 7 de xuño de 2004, relativo aos terreos da antiga polvoreira das Gándaras de Piñeiro, que se transfiren ao concello en troco da transformación urbanística dos terreos de propiedade municipal na zona de San Cibrao que lindan co novo hospital xeral de Lugo.

  4. O expediente foi obxecto da seguinte tramitación:

    * O expediente foi obxecto de informe previo á aprobación inicial por parte desta consellería o 19 de marzo de 2005.

    * O Pleno do Concello acordou a aprobación inicial o 6 de xuño de 2005. O trámite de información pública levouse a cabo mediante anuncios publicados nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia do 22 de febreiro de 2006 e no DOG nº 122, do 27 de xuño de 2005, sen que se presentasen alegacións.

    * Consta a solicitude de informes, no ámbito das súas respectivas competencias, á Consellería de Medio Ambiente, á Consellería de Cultura, á Xefatura Provincial de Estradas da Consellería de Polí

    tica Territorial, á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e á Deputación Provincial de Lugo, todos con data do 13 de xuño de 2005. Emitíronse informes, por parte da Dirección Xeral de Obras Públicas, o 29 de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR