Decreto 261/2004, do 4 de novembro, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 338 Plan Operativo Local 2003 Paradela. Acceso a San Facundo de Ribas de Miño, punto quilométrico 2,20 ao 3,60 (concello de Paradela).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día vinte e un de novembro de dous mil tres, aprobou o proxecto da obra nº 338 Plan Operativo Local 2003 Paradela. Acceso a San Facundo de Ribas de Miño, punto quilométrico 2,20 ao 3,60 e, na sesión do vinte e tres de febreiro de dous mil catro, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte da Deputación Provincial de Lugo foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día vinte e un de outubro de dous mil catro.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día tres de maio de dous mil catro.

Que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente emitiu informe favorable sobre o proxecto coas recomendacións que nel constan e que se deberán ter en conta na realización das obras. O dito informe tivo data de entrada no rexistro da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día catorce de xuño de dous mil catro.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo emitiu informe favorable sobre o proxecto realizando diversas consideracións que nel constan e que se deberán ter en conta na realización das obras. O dito informe tivo data de entrada no rexistro da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día oito de outubro de dous mil catro.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR