Decreto 280/2004, do 18 de novembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Narón, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de urbanización da travesía da Veiga.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Narón, en sesión celebrada o día nove de febreiro de dous mil catro, aprobou o proxecto de urbanización da travesía da Veiga e, na sesión do vinte e sete de febreiro de dous mil catro, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte do Concello de Narón foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día seis de agosto de dous mil catro.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu á información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día dous de setembro de dous mil catro.

Que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente, emitiu informe con data de entrada no rexistro da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día dous de novembro de dous mil catro.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, a existencia dunha curva, así como o escaso largo da vía, provoca que a circulación en ambos os dous sentidos sexa perigosa, co agravante de non contar de ningunha zona peonil, o que supón un risco para os viandantes, así mesmo, vaise acometer a dotación dos servizos de saneamento de augas fecais e pluviais...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR