Decreto 202/2006, do 2 de novembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Arteixo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de colector do Moucho-Vilarrodís.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Concello de Arteixo en sesión celebrada o día vinte e oito de novembro de dous mil, aprobou o proxecto de colector do Moucho-Vilarrodís e, na sesión do vinte e oito de xullo de dous mil cinco,

acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

O dito expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e contén a xustificación acreditativa da motivación para a declaración de urxente ocupación.

O expediente foi tratado na comisión de secretarios xerais previa á súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia.

O expediente contén a documentación a que se refire o artigo 1º da Orde do 7 de decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no artigo 3 da Lei 11/1996, do 27 de decembro, de medidas de disciplina presupostaria.

En consecuencia, considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, unha parte importante do núcleo urbano de Pastoriza verte s súas augas residuais nunha depuradora rudimentaria, que se atopa ampliamente superada no seu funcionamento, sendo frecuentes os rebordamentos de augas sen tratar polas tapas de rexistro, e aínda coas tratadas, a súa eficacia é prácticamente nula, polo que se manteñen as condicións anteriores de verteduras directas das augas residuais no contorno e no leito do regato, circunstancia que se agravou paulatinamente co forte incremento poboacional habido na zona nos últimos dez anos, polo que coa construción do citado colector, que enlaza co colector de Vilarrodís, se pretende dar...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR