Decreto 78/2004, do 2 de abril, polo que se crea e regula o Observatorio Galego da Inmigración e da Loita contra o Racismo e a Xenofobia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN
Rango de LeyDecreto

O exercicio dunha política integral de inmigración e de loita contra toda actitude racista e xenófoba a nivel da Comunidade Autónoma de Galicia require o coñecemento da realidade do fenómeno inmigratorio, así como a súa repercusión na sociedade galega.

Para iso é preciso contar cun instrumento que permita recoller e avaliar información precisa e exacta sobre as características dos emigrantes retornados, os seus descendentes con nacionalidade española e dos estranxeiros en Galicia, así como das actitudes racistas e xenófobas no ámbito da nosa Comunidade Autónoma, co obxecto de deseñar futuros plans e programas de actuación, velando polo seu cumprimento a través da debida coordinación entre os distintos departamentos da Xunta de Galicia.

A Consellería de Emigración, segundo o disposto no Decreto 196/2003, do 20 de marzo, polo que se desenvolve a súa estrutura orgánica, ten atribuídas entre as súas competencias a elaboración das disposicións normativas e os programas necesarios para a execución da política inmigratoria na Comunidade Autónoma.

Así, a través deste decreto créase e regúlase o Observatorio Galego da Inmigración e da Loita contra o Racismo e a Xenofobia, adscrito á Consellería de Emigración, como órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento da Xunta de Galicia.

Este observatorio encargarase da recollida de datos, análise e estudo da realidade do fenómeno inmigratorio, así como da obtención de informacións obxectivas e comparables sobre os fenómenos de racismo e xenofobia na Comunidade Autónoma de Galicia, e da difusión da información obtida procedente das distintas consellerías, entidades locais, así como da que poidan subministrar os organismos internacionais, entidades públicas, privadas, organizacións e asociacións vinculadas á inmigración e á loita polos dereitos humanos e laborais.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Emigración de acordo coas competencias que lle atribúe o Decreto 196/2003, do 20 de marzo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da consellería, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión dous de abril de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto e natureza xurídica.

Créase o Observatorio Galego da Inmigración e da Loita contra o Racismo e a Xenofobia como órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento

da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Emigración.

Este órgano terá como finalidade a recollida de datos, análise e estudo da realidade do fenómeno inmigratorio, así como a obtención de informacións obxectivas e comparables con outros ámbitos: europeo, nacional e autonómico, sobre os fenómenos do racismo e a xenofobia na Comunidade Autónoma de Galicia que permitan a futura adopción de medidas e a definición de accións propias da súa esfera competencial.

Artigo 2º Funcións.
  1. O Observatorio Galego da Inmigración e da Loita contra o Racismo e a Xenofobia terá as seguintes funcións:

    1. Actuar como órgano permanente de recollida, análise e intercambio da información cuantitativa e cualitativa sobre o fenómeno da inmigración procedente da Administración da Xunta de Galicia, así como da información que se acade ou sexa subministrada por outras administracións públicas, entidades públicas ou privadas e de organizacións e asociacións vinculadas coa inmigración e os dereitos humanos e laborais.

    2. Recollida, rexistro e análise de informacións obxectivas e comparables sobre os actos e as actitudes racistas e xenófobas que teñan lugar no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR