ORDE do 27 de marzo de 2014 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Rango de LeyOrde

O 14 de xullo de 2012 publícase no BOE o Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade. Entre as medidas que recolle o real decreto lei recóllense melloras necesarias para asegurar a sustentabilidade presente e futura do sistema para a autonomía e atención á dependencia e así, entre outras, elimínase a estrutura dos niveis en que se subdividía cada grao de dependencia, manténdose só a estrutura de graos, así como a través da súa disposición transitoria décima se establecían as contías máximas das prestacións económicas para coidados no contorno familiar, de asistencia persoal e da prestación vinculada a un servizo, ata que non se regulasen regulamentariamente.

O Real decreto 1051/2013, do 27 de decembro, polo que se regulan as prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia establecidas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, establece na súa disposición adicional segunda as contías máximas das prestacións económicas e equipáraas por grao recoñecido, así dispón que con independencia da data en que se produza o seu recoñecemento, as contías máximas das prestacións económicas correspondentes aos graos III, II e I de dependencia serán as que se determinan na disposición transitoria décima, punto 2, do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade.

Tendo en conta a aprobación das novas contías sinaladas, en consecuencia, cómpre modificar as disposicións normativas ditadas no seu desenvolvemento. Debido a isto, a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, vese afectada na regulación contida no seu anexo V de contías máximas das libranzas, polo que se procede á súa modificación.

En virtude do exposto, no exercicio das atribucións conferidas segundo o artigo 38 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, así como pola disposición derradeira segunda do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro (DOG nº 34, do 19 de febreiro), polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR