Resolución do 27 de abril de 2006, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para o complexo industrial de Repsol YPF na Coruña, nos concellos da Coruña e Arteixo (A Coruña). Titular: Repsol Petróleo, S.A. (Clave 2005/0180 NAA/IPPC).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Rango de LeyResolución

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 6 de maio de 2005 Rafael Ángel Rubio Fernández (DNI 28346312-P), actuando en nome e representación do complexo industrial de Repsol YPF na Coruña (CIF A-28047223), solicita autorización ambiental integrada para o citado complexo industrial.

Segundo.-Á solicitude xúntaselle a documentación indicada no artigo 12 da Lei 16/2002, de prevención e control integrados da contaminación, e copia das solicitudes dos informes de compatibilidade urbanística e contestacións remitidas polos concellos da Coruña e de Arteixo.

Terceiro.-Con data 6 de xullo de 2005 publícase no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 15 de xuño de 2005, desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a instalación obxecto da presente resolución; para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e no Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.

Cuarto.-Con datas 17 de agosto, 8 de setembro e 20 de decembro de 2005 recíbense os certificados de información pública emitidos, respectivamente, pola Delegación Provincial da Consellería de Medio

Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Coruña, polo Concello de Arteixo e polo Concello da Coruña. No expediente consta a presentación dunha alegación, por parte do delegado sindical e do delegado de prevención da Confederación Intersindical Galega (CIG) na refinaría de Repsol Petróleo, S.A., dentro do período establecido.

Quinto.-Concluído o período de información pública, e en cumprimento dos artigos 17 e 18 da Lei 16/2002, solicítase informe aos órganos que se considera que deben pronunciarse sobre as diferentes materias da súa competencia.

Sexto.-Os organismos que emiten informe durante a tramitación da autorización son: organismo autónomo Augas de Galicia; Dirección Xeral de Saúde Pública; subdireccións xerais de Calidade Ambiental, de Tecnoloxía e Control Ambiental e de Avaliación Ambiental todas elas da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental; os concellos da Coruña e Arteixo; e Departamento de Enxeñaría Química da ETS de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela.

Sétimo.-Tras reunión mantida o día 10 de novembro de 2005 entre representantes da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e de Repsol, o día 25 do mesmo mes o titular da instalación presenta documentación que inclúe información relativa a emisións á atmosfera e calidade do aire.

O 22 de decembro de 2006, tras a solicitude formulada por esta dirección xeral o 25 de novembro de 2006 consonte o informe emitido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental, Repsol achega o informe preliminar de situación de solos. Finalmente, o 17 de febreiro de 2006 recíbese documentación complementaria relativa á xestión e produción de residuos e á proposta de control de solos (aspectos que se completan o 20 de febreiro).

Oitavo.-Con data 10 de abril de 2006 recíbese o xustificante de pagamento de taxas para a expedición da autorización ambiental integrada, o certificado do seguro de responsabilidade civil ambiental e os certificados de recepción de residuos non perigosos emitido por xestor. E o 26 de abril de 2006, o xustificante do depósito das fianzas ambientais correspondentes ás actividades de produción e xestión de residuos perigosos.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A instalación de referencia está afectada pola Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (anexo I, grupo 1.2 e grupo 1.1).

Segundo.-De conformidade co disposto no Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental é

o órgano competente para outorgar a autorización ambiental integrada (AAI).

Terceiro.-A instalación está afectada polo Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.

Cuarto.-De conformidade co disposto no capítulo II do antedito Decreto 2414/1961, correspóndelle ao concello conceder licenza para o exercicio da actividade, polo que, conforme o establecido no artigo 29 da Lei 16/2002, recae neste a resolución definitiva para o desenvolvemento da actividade.

Á vista do exposto anteriormente, e unha vez completado o procedemento administrativo previsto

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder a Repsol Petróleo, S.A. a autorización ambiental integrada co número de rexistro 2005/0180 NAA/IPPC 016 para a explotación do complexo industrial da Coruña pertencente a Refino e Marketing, unidade de negocio de Repsol YPF, cos requirimentos que se fixan no anexo IV desta resolución.

Segundo.-Inscribir no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, a Repsol Petróleo, S.A. como:

-Xestor de residuos perigosos na actividade de valorización consistente na recepción e tratamento de residuos MARPOL das categorías A e B dos buques que opera no terminal petroleiro da Coruña, con número de rexistro SC-RP-P-XV-09234, segundo o indicado no punto 5.1.a do anexo IV da presente resolución.

-Produtor de residuos perigosos co número de rexistro SC-RP-P-P-00032 para os residuos indicados no punto 5.1.b do anexo IV da presente resolución.

Terceiro.-Establecer a obriga de que se notifiquen a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con carácter anual, nas datas que lle sexan definidas por este organismo, os datos sobre as emisións á atmosfera e á auga, para efectos da elaboración e actualización do inventario de emisións e fontes contaminantes EPER, de acordo co establecido no artigo 8.3º da Lei 16/2002. Así mesmo, a empresa deberá adaptar o contido da información presentada ao inventario PRTR (segundo o establecido no Regulamento (CE) Nº 166/2006 do Parlamento Europeo e do Consello do 18 de xaneiro de 2006 relativo ao establecemento dun rexistro europeo de emisións e transferencias de contaminantes e polo que se modifican as directivas 91/689/CEE e 96/61/CE do Consello) que substituirá ao actual inventario EPER. Os valores deberán ser xustificados na declaración segundo os termos que sexan definidos por esta dirección xeral, tanto se esta se realiza mediante datos de medición, cálculo ou estimación.

Cuarto.-Establecer un prazo de vixencia da presente AAI de sete (7) anos contados a partir do día seguinte a facerse pública esta resolución no DOG. Transcorrido o dito prazo seguirase o disposto no artigo 25 da Lei 16/2002.

Quinto.-Establecer a obriga de que o titular lle comunique á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental calquera modificación que se pretenda levar a cabo na instalación, indicando razoadamente, en atención aos criterios sinalados no artigo 10.2º da Lei 16/2002, se considera que se trata dunha modificación substancial ou non substancial, acompañándose dos documentos xustificativos oportunos. Para estas modificacións aplicarase o sinalado nos artigos 10.4º e 10.5º da citada lei.

Sexto.-Establecer a obriga de que o cambio de titularidade lle sexa comunicado a esta dirección xeral, presentándose documentación que o acredite.

Sétimo.-Determinar a posibilidade de modificación desta resolución tanto de oficio, conforme os supostos establecidos no artigo 26 da Lei 16/2002, como por solicitude motivada do promotor, co obxecto de incorporar medidas que acheguen unha maior protección do medio.

Oitavo.-Darlle publicidade á presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Noveno.-Notificar esta resolución a Repsol Petróleo, S.A., ao Concello da Coruña e ao Concello de Arteixo, para os efectos oportunos.

Fronte a esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, na súa redacción dada pola Lei 16/2002, ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a facer pública esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2006.

Joaquín Lucas Buergo del Río

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I

Datos do expediente

  1. Datos da empresa matriz:

    Razón social: Repsol Petróleo, S.A. (en diante Repsol).

    CIF: A-28047223.

    Domicilio social: Paseo de la Castellana, 278-280.

    Poboación: Madrid.

    Código postal: 28046.

    Provincia: Madrid.

  2. Datos da instalación:

    Instalación: complexo industrial da Coruña pertence a Refino e Marketing, unidade de negocio de Repsol YPF.

    Localización: complexo industrial da Coruña. Bens, s/n.

    Concello: A Coruña.

    Código postal: 15008.

    Provincia: A Coruña.

    Coordenadas UTM indicativas da localización das instalacións:

    InstalaciónPuntoCoordenadas UTM

    XY

    Refinaría1543956,874799316,07

    2544698,684799962,57

    3544748,764800534,38

    4545210,634799907,06

    5545661,104800308,76

    6545004,744801061,77

    7544320,284801139,49

    8544442,704800578,79

    9543859,404799387,50

    Terminal marítimo10549792,614800369,51

    11549939,034800523,70

    12549589,244800856,42

    13549467,234800726,58

    Representante legal: Rafael Ángel Rubio Fernández (acreditado por escritura notarial do 7-5-2003).

    DNI: 28346312-P.

    Actividade económica principal: refino de petróleo.

    C.N.A.E.-93: 23-200.

  3. Datos do expediente:

    Clave: 2005/0180 NAA/IPPC.

    Tipo de solicitude: instalación existente.

    Categoría IPPC principal: anexo I, grupo 1.2.

    NOSE-P principal: 105.08. transformación de produtos petrolíferos (fabricación de combustibles).

    Categoría IPPC secundaria: anexo I, grupo 1.1.

    NOSE-P secundario: 101.02 (procesos de combustión ) 50 MW e '300 MW, grupo completo).

    Código centro (EPER): 1526

  4. Declaracións ambientais:

    A Unidade de Refino e Marketing, situada no complexo industrial da Coruña conta coas seguintes declaracións...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR