Decreto 238/2008, do 16 de outubro, polo que se aproba o cambio de titularidade da estrada LU-105 (LU-540-Ourol-LU-540) na súa totalidade, do treito sobrante da estrada LU-540 (Viveiro (LU-862)-Cabreiros (LU-861), que atravesa o núcleo de Vilares e do treito sobrante da estrada LU-540 (Viveiro (LU-862)-Cabreiros (LU-861), que atravesa o núcleo de Ourol, a prol do concello de Ourol.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

A teor do previsto no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da comunidade autónoma deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a lei dispón no artigo 54, que as estradas autonómicas ou os treitos determinados delas nos que a circulación adquira características urbanas, entregaránselles aos respectivos concellos. O expediente promoverase por proposta do concello ou da Administración titular e será resolto polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, logo de informe de ambos os organismos.

Ao abeiro das mencionadas previsións legais, o Concello de Ourol solicitou a transferencia da titularidade da estrada LU-105 (LU-540-Ourol-LU-540) na súa totalidade, do treito sobrante da estrada LU-540 (Viveiro (LU-862)-Cabreiros (LU-861), que atravesa o núcleo de Vilares e do treito sobrante da estrada LU-540 (Viveiro-(LU-862)-Cabreiros (LU-861), que atravesa o núcleo de Ourol.

A Dirección Xeral de Obras Públicas, de acordo co informe emitido polos servizos técnicos competentes, formula proposta favorable á transferencia da titularidade. Desta proposta déuselle traslado ao Concello de Ourol que, con data do 24 de marzo, do 10 de xullo e do 13 de xuño de 2008 respectivamente, manifesta a súa aceptación.

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes estima axeitado o cambio de titularidade da totalidade da estrada LU-105 e dos treitos sobrantes da estrada LU-540 mencionados, tendo en conta que adquiriron características netamente urbanas.

Polo exposto, consonte o previsto na Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, tras o acordo entre as administracións afectadas, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de outubro de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o cambio de titularidade a favor do Concello de Ourol de:

  1. A estrada LU-105 (LU-540- Ourol-LU-540) na súa totalidade, dos p.k. 0+000 ao 0+810.

  2. O treito sobrante da estrada LU-540 (Viveiro (LU-862)-Cabreiros (LU-861), que atravesa o núcleo de Vilares coas seguintes características: p.k. de orixe...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR