Decreto 195/2006, do 26 de outubro, polo que se aproba o cambio de denominación do Colexio de Educadores Sociais de Galicia, que pasa a denominarse Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

De acordo co establecido no artigo 150.2º da Constitución española, a Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á comunidade autónoma galega, transfire no marco da lexislación básica do Estado, o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económicos e profesionais, complementando así o ámbito competencial determinado no artigo 27.29º do Estatuto de autonomía de Galicia.

A transferencia en materia de colexios oficiais ou profesionais fíxose efectiva a través do Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, e asumiuse polo Decreto 337/1996, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia.

O Colexio de Educadores Sociais de Galicia creouse mediante Lei 1/2001, do 22 de xaneiro, de creación do Colexio de Educadores de Galicia. O artigo 13.3º da Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, ditada en virtude da devandita competencia, faculta os colexios profesionais para solicitar o seu cambio de denominación. A aprobación do cambio de denominación dun colexio profesional realizarase por medio de decreto do Consello da Xunta de Galicia.

O artigo 17 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, define o uso non sexista da linguaxe como a utilización de expresións lingüisticamente correctas substitutivas doutras, correctas ou non, que invisibilizan o feminino ou o sitúan nun plano secundario respecto ao masculino. De acordo co anterior, procede o cambio de denominación solicitado, por canto contribúe á erradicación do uso sexista da linguaxe, consonte o establecido no capítulo II do título I da citada Lei 7/2004.

Tendo en conta o exposto, en virtude do uso da competencia atribuída polo artigo 34.5º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR