Decreto 395/2009, do 8 de outubro, polo que se modifica o Decreto 279/2008, do 11 de decembro, polo que se crea e regula o Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

O Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores foi creado polo Decreto 279/2008, do 11 de decembro, como órgano colexiado consultivo e de asesoramento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para as políticas de coordinación e planificación das ensinanzas artísticas superiores en Galicia, e no seu artigo 3 establece a súa composición.

Tendo en conta os cambios organizativos producidos nas consellerías de Educación e Ordenación Universitaria, de Cultura e de Economía e Industria, cos correspondentes decretos de estrutura orgánica, procede levar a cabo os cambios pertinentes no Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores.

Así pois, de conformidade coa competencia que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude dos artigos 27, 31 e 39 do Estatuto de autonomía de Galicia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio das atribucións conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de outubro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 279/2008, do 11 de decembro, polo que se crea e regula o Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores.

Un.-Modifícase o artigo 3, que queda redactado como segue:

Artigo 3º.-Composición.

1. O Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores estará composto polos seguintes membros:

a) A persoa titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que ocupará a súa presidencia.

b) A persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que ocupará a súa vicepresidencia.

c) A persoa titular da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

d) A persoa titular da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo.

e) A persoa titular da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria.

f) Unha persoa de recoñecido prestixio designada polo conselleiro ou a conselleira competente en materia de cultura.

g) Cinco personalidades de recoñecido prestixio do ámbito das artes, nomeadas polo conselleiro ou a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR