Resolución do 17 de outubro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L., con nº de código 3603802, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 29-9-2005, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 16-9-2005. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que se atopa nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de outubro de 2005.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L. e os traballadores

En Mos o 16 de setembro de 2005. Reunidos:

Dunha parte, Arturo González Pérez, en nome e representación da empresa Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L., e Rodrigo Piñeiro Pazos, secretario para o levantamento de actas.

E doutra parte, o comité de empresa, representado legalmente polos señores Ángel Rey Costas (CIG), José Antonio Rocha Barbosa (CIG), Sixto Enrique Rodríguez Coello (CIG), Alfonso Hermida Couso (CIG) e Ángel Isaac Acuña Fernández (CIG).

Ambas as dúas partes recoñécense no concepto no que interveñen, coa capacidade legal necesaria para negociar o presente convenio, e para o efecto establecen o seguinte:

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º Ámbito territorial.

O ámbito territorial deste convenio é para o centro de traballo da empresa Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L., situada actualmente no municipio de Mos.

Artigo 2º Ámbito persoal.

Este convenio afecta o persoal pertencente ao cadro de persoal da empresa, salvo aos que desempeñan cargos de conselleiros da empresa, e aos de alta dirección ou de alta xestión na empresa.

Coa sinatura deste convenio, todo o persoal que actualmente presta os seus servizos nesta empresa, así como aquel que ingrese no futuro, renuncia expresamente á vinculación a calquera outro convenio de empresa anterior que lle fora de aplicación.

Artigo 3º Vixencia.

A vixencia deste convenio será desde o 1 de xaneiro de 2005 ata ao 31 de decembro de 2005.

Ben entendido que a dita vixencia só supón retroactividade nos conceptos económicos.

Mentres non se pacte un novo convenio, manteranse en vigor as cláusulas deste.

Artigo 4º Denuncia e prórroga.

As partes asinantes fan constar expresamente que este convenio non precisa denuncia logo de para a súa total extinción o 31 de decembro de 2005.

Iniciada a negociación para a revisión do convenio, se esta se prorrogase por prazo que excedera o da vixencia do mesmo, o contido normativo e obrigacional daquel entenderase prorrogado ata a entrada en vigor dun novo pacto.

Artigo 5º Condicións máis beneficiosas.

A empresa respectará as condicións económicas individuais que no seu conxunto anual resulten máis

beneficiosas cás pactadas neste convenio, subsistindo para aqueles traballadores que as veñan desfrutando.

Artigo 6º Absorbibilidade.

Terán o carácter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas, as melloras económicas que poidan estar desfrutando os traballadores/as ou calquera outras que por disposición legal, durante a vixencia deste convenio, puideran establecerse.

Artigo 7º Comisión de seguimento e interpretación (paritaria).

Durante a vixencia deste convenio actuará unha comisión de seguimento e interpretación que, sen prexuízo das atribucións que en cuestión de vixencia teñen os comités de empresa, terá por funcións:

  1. Vixilancia do cumprimento do pactado.

  2. Actuar como órgano de interpretación, arbitraxe e conciliación, sen prexuízo da posibilidade da reclamación ante a xurisdición administrativa e contenciosa previstas na lexislación vixente.

  1. Polos traballadores, a comisión estará composta por Ángel Rey Costas e José Antonio Rocha Barbosa, membros do comité de empresa asinantes deste convenio, e por Arturo González Pérez e Rodrigo Piñeiro Pazos, como representantes da empresa, aceptando todos eles os seus respectivos cargos.

  2. Os representantes designados tanto pola empresa como polos traballadores poderán ser substituídos mediante comunicación á outra parte.

Por acordo de ambas as dúas partes, poderase nomear un presidente entre os membros da comisión.

As normas de funcionamento da comisión serán as determinadas pola propia comisión.

Artigo 8º Vinculación á totalidade.

As condicións aquí acordadas forman un todo único e indivisible, e para efectos da súa práctica serán consideradas globalmente.

TÍTULO II

Condicións laborais

Artigo 9º Clasificación profesional e definicións.
  1. Clasificación.

A clasificación do persoal recollida neste convenio é meramente enunciada e non supón a obriga de ter cubertas todas as prazas enumeradas, se as necesidades e volume da empresa non o requiren.

O persoal que preste os seus servizos na empresa clasificarase en atención á función básica que desenvolva nos seguintes grupos profesionais:

  1. Técnicos e titulados.

  2. Persoal de taller.

  3. Persoal de mantemento e instalacións.

  4. Persoal de laboratorios e planta piloto.

  5. Persoal de oficinas técnicas e metroloxía.

  6. Persoal de administración.

  7. Persoal de servizos xerais.

    Dentro dos grupos descritos na norma anterior quedará clasificado nas seguintes categorías:

  8. Técnicos e titulados:

    -Enxeñeiro superior ou licenciado.

    -Enxeñeiro técnico ou titulado de grao medio.

    -Enxeñeiro técnico ou licenciado de 1 ano.

  9. Persoal de taller:

    -Responsable de taller.

    -Encargado de taller.

    -Oficial de 1ª fresadora.

    -Oficial de 1ª taller.

    -Oficial de 2ª fresadora.

    -Oficial de 2ª taller.

    -Oficial de 3ª taller.

    -Oficial de 3ª fresadora.

    -Auxiliar de departamento.

  10. Persoal de mantemento e instalacións:

    -Responsable de mantemento e instalacións.

    -Oficial de 1ª mantemento.

    -Oficial de 2ª mantemento.

    -Oficial de 3ª mantemento.

    -Auxiliar de departamento.

  11. Persoal de laboratorios e planta piloto:

    -Responsable de laboratorio ou planta piloto.

    -Responsable de proxecto.

    -Encargado de laboratorio ou planta piloto.

    -Analista de laboratorio.

    -Especialista de laboratorio.

    -Auxiliar de laboratorio.

    -Auxiliar de departamento.

  12. Persoal de oficinas técnicas/metroloxía:

    -Responsable de oficina técnica/metroloxía.

    -Técnico de deseño/metroloxía.

    -Proxectista de deseño/metroloxía.

    -Delineante de deseño/metroloxía.

    -Delineante/controlador.

    -Auxiliar de departamento.

  13. Persoal de administración:

    -Responsable de sección.

    -Oficial de 1ª administrativo.

    -Oficial de 2ª administrativo.

    -Auxiliar administrativo.

    -Auxiliar departamento.

  14. Persoal de servizos xerais:

    -Técnico comercial.

    -Secretario/a de dirección.

    -Secretario/a.

    -Telefonista-recepcionista.

Artigo 10º Confidencialidade.

Dadas as especiais características dos servizos desenvolvidos na empresa, establécese, para todos os traballadores, o deber de confidencialidade e segredo sobre cantas investigacións, coñecementos e resultados sexan coñecedores con ocasión do desempeño do seu posto de traballo.

Artigo 11º Cómputo horario anual.

O cómputo horario anual para realizar no ano 2005 será de 1.748 horas.

Para cumplir o horario anual correspondente ao ano 2005 atenderase ao calendario anexo ao convenio.

Artigo 12º Xornada laboral e quendas.

A xornada laboral de traballo será de 40 horas semanais de acordo co seguinte cadro de horario:

  1. quenda: das 7.00 ás 15.00 horas de luns a venres.

  2. quenda: das 15.00 ás 23.00 horas de luns a venres.

  3. quenda: das 23.00 ás 7.00 horas de luns a venres.

...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR