Decreto 196/2006, do 5 de outubro, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, dunha parcela de terreo no Concello de Santiago de Compostela (A Coruña) para a construción dun centro de formación ocupacional.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, en sesión ordinaria do 13 de decembro de 2004, acordou ceder a título gratuíto a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, unha parcela de terreo de 5.013 metros cadrados, no termo municipal de Santiago de Compostela para a construción dun centro de formación ocupacional.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos en que o Concello de Santiago de Compostela acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do cinco de outubro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión, a título gratuíto, feita polo Concello de Santiago de Compostela dunha parcela de terreo que se describe como segue:

Parcela número 13 da escritura de agrupación e parcelación do SUNP 15 protocolarizada perante o notario Manuel Peregil Cambón con data do oito de xullo de dous mil catro destinada a equipamento

docente na urbanización do Plan parcial do SUNP 15 Pontepereda, debe indicarse que este uso docente foi modificado polo acordo do Pleno do Concello de Santiago de Compostela con data do vinte e catro de xuño de dous mil catro, pasando a ter un uso de centro de formación ocupacional; ten forma trapezoidal e unha superficie aproximada de 5.013 metros cadrados. Estremas; norte: vía da urbanización que o separa do soar 5R4, dereita entrando; oeste, rúa do doutor Ramón Baltar, esquerda entrando; leste, vía peonil da urbanización que o separa dos soares 5R6 e 5R7 e fondo, traseira; sur, rúa do doutor Ramón Baltar

.

O predio matriz figura inscrito a nome do Concello de Santiago de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR