Decreto 519/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Os decretos 211/2005, do 3 de agosto e 232/2005, do 11 de agosto, estableceron a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e dos seus departamentos. A teor do establecido nos devanditos decretos, o IGVS queda agora adscrito á nova Consellería de Vivenda e Solo, departamento que, ademais das competencias que eran exercidas por aquel organismo autónomo, exercerá as relativas ao fomento e á calidade da vivenda.

O presente decreto ten por obxecto establecer a estrutura orgánica da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, adecuándoa ao prescrito nos devanditos decretos e definindo as funcións dos seus órganos.

En consecuencia, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, logo do informe das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de outubro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma ao que lle corresponden as competencias e funcións en materia de política territorial, urbanismo, ordenación do litoral, portos, estradas, transportes e comunicacións, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia nos termos sinalados na Constitución española.

Artigo 2º
  1. A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, baixo a superior dirección do seu titular, terá a seguinte estrutura orgánica:

    1. O conselleiro.

    2. A Secretaría Xeral.

    3. A Dirección Xeral de Urbanismo.

    4. A Dirección Xeral de Obras Públicas.

    5. A Dirección Xeral de Transportes.

    6. As delegacións provinciais.

  2. Adscríbense á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, co carácter,

    cometido e funcións establecidas nas súas respectivas normas reguladoras, os seguintes órganos colexiados:

    -A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, prevista no artigo 225.1 ºd) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e no Decreto 119/1998, do 16 de abril.

    -A Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía, creada polo Decreto 148/2003, do 9 de xaneiro.

    -O Consello Galego de Transportes, regulado polo Decreto 230/1986, do 10 de xullo, modificado polo Decreto 74/1994, do 25 de marzo, e polo Decreto 266/1998, do 24 de setembro.

  3. Adscríbese, con carácter de órgano colexiado permanente, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, o Xurado de Expropiación de Galicia, creado pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, e cuxo regulamento de organización e funcionamento foi aprobado polo Decreto 223/2005, do 16 de xuño.

  4. Así mesmo, adscríbese á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes o ente público Portos de Galicia, creado pola Lei 5/1994, do 29 de novembro, e regulado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo, que aproba o seu regulamento.

    1. O conselleiro.

Artigo 3º

O conselleiro é o titular da consellería e con tal carácter está investido das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente.

  1. A Secretaría Xeral.

Artigo 4º

A Secretaría Xeral exercerá as funcións e competencias establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, así como aquelas que lle sexan delegadas polo titular da consellería.

Artigo 5º

Baixo a dependencia directa do secretario xeral existirán as seguintes unidades:

  1. Servizo de Coordinación Técnica e Inspección.

    Terá como obxectivo velar polo correcto funcionamento dos diferentes servizos e obras da consellería, tanto na súa esfera central coma periférica, informando sobre o grao de cumprimento e eficacia na súa prestación, e o adecuado emprego dos medios, tanto persoais como materiais.

    Proporá, se é o caso, as medidas para a corrección das deficiencias que se observen.

  2. Servizo Técnico-Xurídico.

    Correspóndenlle a este servizo as seguintes funcións:

    1. O estudo e a tramitación de todos os anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral que elaboren os distintos centros directivos da consellería.

    2. O estudo, a tramitación e a proposta de resolución das reclamacións e recursos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da consellería cando non estean atribuídos a outros órganos desta.

    3. A tramitación dos requirimentos e peticións formuladas á consellería polos xulgados, tribunais, o Defensor do Pobo, o Valedor do Pobo e outros órganos e institucións.

    4. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia polo secretario xeral.

  3. Servizo de Apoio Técnico Administrativo.

    Correspóndenlle a este servizo as seguintes funcións:

    1. Efectuar os estudos e informes que lle sexan encomendados polo secretario xeral, ademais do estudo, preparación e informe dos asuntos que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais, así como o traslado dos seus acordos.

    2. A coordinación para a súa remisión e correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da consellería.

    3. A coordinación das publicacións editadas pola consellería, así como as funcións relativas á representación desta na Comisión de Publicacións da Xunta de Galicia.

    4. O rexistro, arquivo e custodia das disposicións legais emanadas da consellería así como levar a cabo as compilacións e refundicións das normas emanadas desta.

    5. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia polo secretario xeral.

  4. Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario.

    Exercerá as funcións de xestión do persoal, coordinación da confección do anteproxecto de orzamento, o seu seguimento e control interno, así como a organización do rexistro, arquivo e demais aspectos relacionados co réxime interior.

    Encargarase do sistema de informatización e proceso de datos, así como da racionalización administrativa de todos os servizos da consellería.

    Contará cos seguintes servizos:

    4.1. Servizo de Xestión Económica e Control Orzamentario.

    4.2. Servizo de Persoal e Réxime Interior.

    4.3. Servizo de Informática.

  5. A Asesoría Xurídica da consellería, que se rexerá polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, e maila Intervención Delegada adscríbense organicamente á Secretaría Xeral con nivel orgánico de subdirección xeral. Estas unidades administrativas dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, respectivamente.

    1. A Dirección Xeral de Urbanismo.

Artigo 6º

A Dirección Xeral de Urbanismo exercerá as funcións de dirección, planificación, impulso, xestión e coordinación das competencias que, en materia de urbanismo, ordenación do territorio e do litoral, lle corresponden á consellería e, en particular, exercerá as seguintes funcións:

  1. De carácter xeral:

    1. A definición da política territorial e de utilización racional do solo coa finalidade de favorecer o desenvolvemento equilibrado e sustentable do territorio, contribuír a elevar a calidade de vida e a cohesión social da poboación e protexer e potenciar o patrimonio natural e cultural, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.

    2. O exercicio das funcións que a Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, lle atribúe ao director xeral competente en materia de urbanismo.

    3. A elaboración de estudos e proxectos e o fomento da formación e da investigación en materia de urbanismo, ordenación do territorio e do litoral.

    4. A xestión do rexistro de entidades urbanísticas colaboradoras, de acordo co disposto polo Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.

    5. O fomento, o seguimento e o control da actividade urbanística, sen prexuízo das competencias dos municipios.

    6. A cooperación cos municipios en materia de ordenación, execución e disciplina urbanística.

    7. O fomento da participación cidadá na formulación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR