Resolución do 27 de outubro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2010.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorINSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Rango de LeyResolución

A sensibilidade especial que para a cidadanía está a ter o uso racional da enerxía, calou de forma importante no enfoque das administracións públicas, que unanimemente están a actuar neste campo, prestando o seu apoio ás iniciativas que sobre aforro e eficiencia enerxética se están a desenvolver na actualidade.

O Instituto Enerxético de Galicia, contén xa na súa Lei de creación, Lei 3/1999, do 11 de marzo, unha referencia expresa ao fomento destas actividades, concretada a través do impulso das iniciativas e programas de aplicación das tecnoloxías enerxéticas, á mellora do aforro e a eficiencia enerxética, ao fomento do uso racional da enerxía e, en xeral, á óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores económicos de Galicia. Igualmente recolle a participación na xestión e prestación de servizos noutros campos sinérxicos ao enerxético, de acordo coas directrices do Goberno no ámbito das súas competencias.

En consonancia con todo isto, o Consello de Ministros, con data do 20 de xullo de 2007, aprobou un Plan de acción para o período 2008-2012, para o desenvolvemento da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España 2004-2012 (PAE4+), cumprindo así cos compromisos internacionais na materia.

Para o desenvolvemento dos referidos plans, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) deseñaron mecanismos de colaboración con todas as comunidades autónomas, que facilitan a articulación das medidas en todo o territorio estatal, tendo en consideración, ademais, as necesidades e obxectivos de cada comunidade en razón ás súas propias peculiaridades, e ao seu ámbito competencial. Neste sentido, asinouse entre o IDAE e o Instituto Enerxético de Galicia, con data do 3 de xullo de 2008, o convenio de colaboración para a execución das actuacións de aforro e eficiencia enerxética establecidas no marco do Plan de acción 2008-2012 da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética (PAE4+).

No caso de Galicia e para o ano 2010, e segundo se establece no Plan de traballo aprobado con data do 20 de xullo de 2010 e modificado posteriormente, a cantidade asignada para esta actuación cífrase en 1.840.775 €.

Como un dos órganos encargado de desenvolver a política enerxética da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia considera do máximo interese potenciar as actuacións de renovación das fiestras que leven consigo un aforro enerxético significativo en Galicia.

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos.

Por medio desta resolución convócanse as devanditas axudas para o ano 2010.

Artigo 2º Réxime das subvencións.
  1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2º establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.

  2. As subvencións reguladas nesta resolución impútanse á conta contable 6565024, cun orzamento de 1.840.775 €, e atópanse financiadas ao 100% con fondos procedentes do convenio de colaboración subscrito entre o IDAE e o Inega con data do 3 de xullo de 2008, dentro do Plan de acción 2008-2012 (PAE4+) da estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España.

  3. As axudas reguladas nesta resolución, agás aquelas cuxos beneficiarios sexan particulares, entidade e institucións sen ánimo de lucro quen non podan levar a cabo actividades económicas que repercutan en terceiros, atópanse sometidas aos requisitos e cos límites establecidos no Regulamento comunitario nº 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379, do 28 de decembro de 2006), en virtude do cal a contía global de axudas de minimis non poderá superar o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Polo que respecta ás axudas ás empresas que operan no sector do transporte por estrada este límite debería fixarse en 100.000 euros. Estes límites aplicaranse independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido. O período determinarase tomando como referencia os dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal en curso, de acordo co establecido no artigo 2 do citado regulamento.

Artigo 3º Actuacións e gastos subvencionables e contía das axudas.
  1. Será subvencionable a renovación de fiestras que separen estancias calefactadas do exterior pola compra de novas fiestras que cumpran coas seguintes especificacións técnicas:

    -Dispor de marcaxe CE.

    -Exixencias mínimas de eficiencia enerxética:

    1. Opción A: carpintería de madeira ou PVC e acristalamento que cumpra algún dos seguintes requisitos:

      a.1. Dobre acristalamento con cámara de 12 mm ou superior.

      a.2. Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal exterior baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).

    2. Opción B: carpintería metálica con rotura de ponte térmica de 12 mm ou superior con dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal exterior baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).

      -Dispoñer dunha persiana, contra ou cortinón completamente opaco capaz de cerrar toda a superficie da fiestra (non se admitirán persianas venecianas, cortinas translúcidas,...). Este elemento pode ser novo ou reutilizado da instalación anterior. Se é novo, o seu importe incluirase no investimento total do custo da obra.

      O IVE (imposto sobre o valor engadido) será subvencionable para os particulares, entidades sen animo de lucro e administracións publicas para o cal será necesaria realizar unha declaración responsable (opción establecida no formulario de solicitude) indicando que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional ou, no caso de ser Administración pública, que non pode repercutir o IVE.

      A renovación consistirá na substitución dunha fiestra existente por outra de igual ou inferior tamaño.

      Será subvencionable a colocación dunha nova fiestra paralela á existente (dobre fiestra), sempre e cando esta nova fiestra satisfaga os requisitos enerxéticos citados.

      As únicas portas subvencionables son as portas balconeiras, é dicir, as que dan a un balcón ou terraza cerrados (non a patios, xardíns,...), sempre e cando separen estancias calefactadas do exterior.

      Non son subvencionables:

      -Os cerramentos acristalados que se instalen coa finalidade de pechar ambientes exteriores (terrazas e/ou tendedeiros), por non tratarse dunha renovación senón de modificacións na envolvente da vivenda.

      -Os lucernarios de cuberta.

      -As fiestras que se atopen nos pechamentos interiores das vivendas (fiestras interiores, fiestras de cuartos de baño interiores,...)

      -A renovación de todas as portas, a excepción feita, das portas balconeiras nos termos descritos anteriormente.

      A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100 euros/m2, cuns límites de 5.000 euros por vivenda unifamiliar e 100.000 euros en edificios do sector terciario. No caso, de que o beneficiario obtivese outras axudas relativas ao cambio de fiestras na mesma vivenda para a que solicita a axuda a través de convocatorias anteriores de plans renoves de fiestras, o límite máximo será de 10.000 euros por vivenda unifamiliar tendo en conta o sumatorio de todas as axudas otorgadas e solicitadas e 300.000 € en edificios do sector terciario, agás axudas outorgadas a empresas cuxo límite será de 200.000 euros (Regulamento (CE) nº 1998/2006, da Comisión de 15 de decembro relativo á aplicación dos artígos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis).

      En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do custo total da obra.

  2. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubitable respondan á natureza da actividade subvencionable.

    Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados dentro da vixencia do Plan Renove de Fiestras.

    En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

  3. En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos a actuacións que xa foran obxecto de subvención nas anteriores campañas do Plan Renove de Fiestras.

    Soamente se...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR