Decreto 188/2006, do 26 de outubro, polo que se modifica o Decreto 180/2006, do 19 de outubro, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polas inundacións acaecidas nos días 2 e 3 de outubro en Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

Téndose producido con posterioridade á aprobación do Decreto 180/2006, do 19 de outubro, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polas inundacións acaecidas nos días 2 e 3 de outubro en Galicia, novas inundacións que están a devastar o territorio da Comunidade Autónoma galega, e tendo en conta a magnitude dos feitos, as súas consecuencias obrigan, desde o principio constitucional de solidariedade e por aplicación dos principios de equidade e igualdade de trato, á adopción de medidas e axudas para reparar e paliar, na medida do posible, os danos sufridos.

Na súa virtude, por proposta dos conselleiros de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, de Economía e Facenda, de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, de Innovación e Industria, de Medio Rural, de Pesca e Asuntos Marítimos, de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, e de Vivenda e Solo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e seis de outubro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase o Decreto 180/2006, do 19 de outubro, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polas inundacións acaecidas nos días 2 e 3 de outubro en Galicia consonte o disposto nos seguintes puntos:

Un. Modifícase o título do Decreto 180/2006, do 19 de outubro, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polas inundacións acaecidas nos días 2 e 3 de outubro en Galicia, que queda como segue «Decreto 180/2006, do 19 de outubro, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polas inundacións acaecidas no mes de outubro en Galicia».

Dous. Suprímese a referencia aos días 2 e 3 na exposición de motivos.

Tres. Dáse nova redacción ao artigo 1 que queda como segue:

1. As axudas establecidas neste decreto aplicaranse á reparación dos danos causados polas inundacións acaecidas durante o mes de outubro de 2006 no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

nos termos que se conteñen neste decreto e polas contías que nel e nas disposicións que o desenvolvan se establezan.

2. Os termos municipais e núcleos de poboación afectados aos que concretamente sexan de aplicación as ditas axudas fixaranse nos instrumentos de desenvolvemento deste decreto

.

Catro. Engádese no artigo 8 «ou marisqueiras» quedando coa seguinte redacción:

Artigo 8. Axudas por danos nas explotacións agrícolas, gandeiras ou marisqueiras.

Serán obxecto de axudas os danos causados polas inundacións nas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR