Decreto 379/2003, do 10 de outubro, polo que se crea a Facultade de Ciencias da Comunicación no Campus da Coruña da Universidade da Coruña.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

Polo Decreto 265/2003, do 15 de maio, (DOG do 23 de maio), polo que se concede autorización para implantar estudios conducentes ás titulacións que se citan no sistema universitario de Galicia autorizouse a implantación na Facultade de Ciencias da Educación do Campus da Coruña da Universidade da Coruña do 2º ciclo dos estudios conducentes á obtención do título de licenciado en comunicación audiovisual.

Posteriormente, a Universidade da Coruña ultimou os trámites necesarios para propoñe-la creación da Facultade de Ciencias da Comunicación, na que se impartirán os estudios xa autorizados de comunicación audiovisual.

Neste decreto, baixo a formulación exposta, créase un novo centro no campus da Coruña da Universidade da Coruña, unha vez cumpridos tódolos requisitos previos ó acto formal da autorización por parte da Xunta de Galicia.

Esta creación inscríbese no marco de favorece-la consolidación de unidades departamentais e o aproveitamento dos recursos infraestructurais, e responde á necesidade de completa-lo perfil da Universidade da Coruña, de mellora da calidade do ensino e da potenciación da actividade investigadora.

Por todo iso, de conformidade coa Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, a Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, a Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, o Real Decreto 557/1991, do 12 de abril, sobre creación e recoñecemento de universidades e centros universitarios, e o Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudios na Comunidade Autónoma de Galicia; por instancia do Consello Social da Universidade da Coruña, logo do informe do Consello de Goberno da citada universidade, oído o Consello Universitario de Galicia, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro; por proposta do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR