Decreto 395/2003, do 16 de outubro, polo que se acepta a título gratuíto a doazón dun equipo con destino á Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo recibiu a oferta de doazón dun moneco Megacode Master con simulador Heratsin 4000, ó Servicio Galego de Saúde, con destino á realización de prácticas de reanimación do persoal sanitario da dita xerencia, e emitiu informe favorable sobre a aceptación do equipamento.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de outubro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la doazón dun moneco modelo Megacode Master con simulador Heratsin 4000, cun valor de 6.500 A, en favor da Xerencia de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo, doado por Fundesa, para a realización de prácticas de recuperación cardio-pulmonar polo seu persoal sanitario.

Artigo 2º

O activo acéptase segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR