Resolución do 29 de outubro de 2007 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos de docentes universitarios.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorUNIVERSIDADE DA CORUÑA
Rango de LeyResolución

En cumprimento do disposto na disposición transitoria primeira da Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (en diante LOU), no Real decreto 774/2002, do 26 de xullo, polo que se regula o sistema de habilitación nacional para o acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso respectivos (en diante RDH), e segundo o teor do establecido no decreto da Xunta de Galicia 101/2004, do 13 de maio (Diario Oficial de Galicia do 17 de xuño), polo que se aproban os estatutos da Universidade da Coruña (no sucesivo EUDC).

Esta reitoría, en exercicio das competencias atribuídas polo artigo 36 dos EUDC, conforme o acordo adoptado polo Consello de Goberno na súa sesión do día 27 de setembro de 2007, resolveu convocar os correspondentes concursos de acceso ás prazas de corpos de funcionarios docentes universitarios que se relacionan no anexo I desta resolución, comunicadas no seu día á Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria para os efectos de habilitación, con suxeición ás seguintes bases:

  1. Normas xerais.

    1.1. Estes concursos rexeranse polo disposto na LOU, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (en diante LRX-PAC), no RDH, nos EUDC, na normativa pola que se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios, aprobada por acordo do Consello de Goberno da Universidade da Coruña do 29 de abril de 2005, por estas bases de convocatoria e, con carácter supletorio, polo previsto na lexislación xeral de funcionarios civís do Estado.

    1.2. Os concursos de acceso terán procedemento independente para cada praza ou prazas convocadas nunha mesma área de coñecemento cuxas características resulten idénticas.

    1.3. O cómputo dos prazos establecidos nesta convocatoria axustarase ao disposto no artigo 3 da normativa desta universidade pola cal se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios.

    Para o cómputo de prazos, o mes de agosto será inhábil para todos os efectos.

  2. Requisitos dos candidatos.

    2.1. Para seren admitidos a estas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

    1. Ser español, nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados a que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta se encontra definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea.

      Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores desta idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España.

      Igualmente, poderán participar os aspirantes de calquera outra nacionalidade estranxeira non comunitaria cando no Estado da súa nacionalidade aos españois se lles recoñeza aptitude legal para ocuparen na docencia universitaria posicións análogas ás dos funcionarios dos corpos docentes universitarios españois.

    2. Ter cumprido dezaoito años de idade e non ter superado a idade de xubilación normativamente establecida.

    3. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, nin encontrarse inhabilitado para o desempeño das funcións públicas por sentenza xudicial firme. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

    4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

    5. Estar habilitado para o corpo docente universitario e área de coñecemento a que corresponda a praza convocada, conforme o previsto no artigo 15 do RDH, nos termos regulados nese texto.

    6. No caso de aspirantes de nacionalidade estranxeira será requisito para poder concursar o coñecemento, debidamente acreditado, de calquera das linguas oficiais da Universidade da Coruña. Se non se acreditar documentalmente este coñecemento, este será verificado no transcurso das probas pola comisión encargada de resolver o concurso.

      2.2. Non poderán participar nos respectivos concursos de acceso os aspirantes que incorran na prohibición do artigo 17.7º do RDH, en virtude da cal os candidatos que opten a prazas de igual categoría e área de coñecemento á que estean ocupando deberán reunir o requisito de ter desempeñado polo menos durante dous anos a praza anteriormente obtida mediante concurso de acceso.

      2.3. Os requisitos establecidos nesta base deberán cumprirse na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión como funcionario de carreira.

  3. Solicitudes.

    3.1. A solicitude para participar nestas probas selectivas axustarase ao modelo que se xunta como anexo II a esta convocatoria.

    As persoas que opten a máis dunha praza deberán presentar unha solicitude independente para cada unha delas, excepto cando se trate de prazas convocadas baixo o mesmo número de concurso.

    3.2. As solicitudes dirixiranse ao reitor da Universidade da Coruña no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOE, considerándose inhábil o mes de agosto. Estas solicitudes poderán presentarse en calquera dos rexistros xerais da UDC, situados na Coruña (rúa Mestranza, s/n) e na vicerreitoría do campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n) ou polos restantes procedementos previstos no artigo 38.4º da LRX-PAC. As solicitudes que se presenten a través das oficinas de correos deberán ir en sobre aberto para que o empregado de correos poida estampar nelas o selo de datas antes da súa certificación. As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes.

    3.3. Dereitos de exame.

    Os aspirantes deberanlle aboar á Universidade da Coruña, por cada concurso en que soliciten participar, a cantidade de 39,16 euros en concepto de dereitos de exame. O ingreso ou transferencia deberá efectuarse na conta corrente nº 0049 5030 15 2516011262, concursos-oposicións; Banco Santander Central Hispano da Coruña.

    Estarán exentas do pagamento desta taxa as persoas con minusvalidez igual ou superior ao 33%, sempre que presenten xunto coa solicitude a xustificación documental correspondente.

    A falta de pagamento destes dereitos durante o prazo de presentación de instancias non é reparable e determinará a exclusión do aspirante, agás que acredite estar exento do pagamento da dita taxa.

    Non procederá a devolución dos dereitos de exame aos aspirantes no caso de exclusión definitiva das probas selectivas por causas imputables a eles.

    3.4. Coa solicitude xuntaranse...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR