Decreto 210/2007, do 31 de outubro, polo que se amplían prazas da oferta de emprego público da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, aprobada polo Decreto 65/2007, do 12 de abril.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

Polo Decreto 65/2007, do 12 de abril, publicado no Diario Oficial de Galicia número 72, do 13 de abril, aprobouse a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007. Esta norma, no segundo parágrafo do artigo primeiro, establece que se, como consecuencia de reestruturacións ou de resolucións de procesos de provisión, así como da publicación das novas relacións de postos de traballo (RPT), quedasen máis prazas vacantes, poderán incluírse nunha oferta complementaria.

Polos decretos da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, 67/2006, do 27 de abril, e 158/2006, do 14 de setembro, aprobouse a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, ofertándose 12 prazas na escala de letrados/as (grupo A).

Por orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 10 de xullo de 2007, procedeuse ao nomeamento como funcionarios/as do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de letrados/as, de seis (6) aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 29 de setembro de 2006, quedando vacantes seis (6) prazas.

Así mesmo, como consecuencia da resolución de procesos de provisión por libre designación, quedaron vacantes tres (3) prazas do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de enxeñeiros/as de camiños, canais e portos.

Por outra banda, a Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, establece no artigo 37 que cando nun determinado corpo, escala, grupo ou categoría da Administración pública galega se verificase a infrarrepresentación do sexo feminino, na oferta de emprego público establecerase que, de existiren méritos iguais entre dous ou máis candidatos, serán admitidas as mulleres, salvo se, considerando obxectivamente todas as circunstancias concorrentes nos candidatos de ambos os sexos, existen motivos non discriminatorios para preferir o home.

Enténdese, para estes efectos, a existencia de infrarrepresentación cando no corpo, escala, grupo ou categoría exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o número de mulleres e o número de homes.

Este mandato legal xa se fixo operativo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR