Decreto 377/2003, do 10 de outubro, polo que se modifica o Decreto 227/2001, do 20 de setembro, polo que se acepta a cesión do dereito real de uso, a título gratuíto, á Comunidade Autónoma de Galicia do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, situado no termo municipal de Nogueira de Ramuín (Ourense).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Con data do 30 de xullo de 2003, asinouse a addenda ó convenio do 8 de agosto de 2000 entre a Xunta de Galicia e o Bispado de Ourense sobre o uso do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, para a súa posta en valor coa pretensión de servicios culturais e turísticos, en virtude da cal, por instancia do dito bispado, se modifica a duración da cesión, a título gratuíto, do dereito real de uso do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Na medida en que o dito convenio fixa os termos da cesión, trala súa modificación pola addenda, cómpre modifica-la aceptación de cesión pola Comunidade Autónoma de Galicia acordada en virtude do Decreto 227/2001, do 20 de setembro, publicado no DOG nº 191, do 2 de outubro de 2001.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 34 do seu Regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos acordados co Bispado de Ourense, no convenio subscrito entre a Xunta de Galicia e o Bispado de Ourense con data do 8 de agosto de 2000, e a addenda con data do 30 de xullo de 2003, logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día dez de outubro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR