Decreto 193/2006, do 26 de outubro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Fene, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de reurbanización da avenida Marqués de Figueroa desde o punto quilométrico 0,520 ao punto quilométrico 0,755.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Concello de Fene, en sesión celebrada o día quince de setembro de dous mil cinco, aprobou o proxecto de reurbanización da avenida Marqués de Figueroa desde o punto quilométrico 0,520 ao punto quilométrico 0,755 e, na sesión do seis de xullo de dous mil seis, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Este expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e o mesmo contén a xustificación acreditativa da motivación para a declaración de urxente ocupación.

O expediente foi tratado na comisión correspondente previa á súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia.

O expediente contén a documentación a que se refire o artigo 1 da Orde do 7 de decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no artigo 3 da Lei 11/1996, do 27 de decembro, de medidas de disciplina orzamentaria.

En consecuencia, considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, o tramo obxecto do proxecto presenta unha circulación de peóns constante debido á situación nesta zona de grande cantidade de vivendas e baixos comerciais, o que en certos tramos, con beirarrúas de largura insuficiente, obriga aos peóns a invadir a calzada, o que supón un alto índice de inseguridade para o tráfico peonil, o que implica un alto risco de accidentes. Así mesmo, procederíase á resolución de posibles problemas puntuais da rede de saneamento separativa de pluviais.

A...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR