Decreto 259/2004, do 29 de outubro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra 378 Plan Operativo Local 2004 Castroverde. Mosteiro-Castroverde. Cinto provincial, nova apertura punto quilométrico 111,700-112,000. Afirmado, terminación punto quilométrico 112,900-115,130, (concello de Castroverde).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o día catro de xuño de dous mil catro, aprobou o proxecto da obra nº 378 Plan Operativo Local 2004 Castroverde. Mosteiro-Castroverde. Cinto provincial, nova apertura punto quilométrico 111,700-112,000. Afirmado, terminación punto quilométrico 112,900-115,130 e, na sesión do vinte e oito de xuño de dous mil catro, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte da Deputación Provincial de Lugo foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día vinte e dous de setembro de dous mil catro.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día trece de outubro de dous mil catro.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, co proxecto reduciríase o risco de accidentes, xa que ten como obxectivo canalizar o tráfico que debería dirixirse á cidade de Lugo e poder obviar o paso por esta cidade, o que redundaría nunha notable descarga de vehículos naqueles traxectos nos que non é obrigado o paso pola capital lucense, é...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR