Decreto 401/2003, do 16 de outubro, polo que se declara a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación para a execución do proxecto sectorial para a implantación da central de transportes e terminal intermodal en San Cibrao das Viñas (Ourense).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

Con data do 30 de xullo de 2002 o Consello da Xunta de Galicia declarou o proxecto sectorial para a implantación da central de transporte e terminal intermodal de San Cibrao das Viñas como de incidencia supramunicipal para os efectos previstos pola Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e o Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Con data do 11 de abril de 2003 o Consello da Xunta de Galicia aprobou definitivamente o proxecto sectorial para a implantación da central de transportes e terminal intermodal de San Cibrao das Viñas e declarou a utilidade pública e interese social as obras, instalacións e servicios previstos, así como a necesidade de ocupación para efectos de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución do referido proxecto sectorial.

As obras públicas especificadas no proxecto sectorial quedan cualificadas como de marcado carácter territorial e non estarán suxeitas a licencia urbanística municipal, nos termos da disposición adicional primeira da Lei 10/1995, de ordenación do

territorio de Galicia, e no artigo 11.3º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo.

Con data do 14 de xullo de 2003 o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, dictou resolución pola que se daba inicio ó expediente expropiatorio en beneficio da Dirección Xeral de Transportes e se sometía a información pública a relación de propietarios e titulares de bens e dereitos que se precisan ocupar para a actuación derivada do proxecto sectorial para a implantación da central de transportes e terminal intermodal de San Cibrao das Viñas.

A necesidade da urxente ocupación dos bens e dereitos para a actuación derivada do proxecto sectorial para a implantación da central de transportes e terminal intermodal de San Cibrao das Viñas vén excepcionalmente motivada pola propia natureza da actuación, xa que os centros loxísticos representan unha necesidade perentoria tanto para as administracións como para os operadores. O transporte en vehículos pesados resulta cada vez máis difícil nos contornos urbanos (conxestión de tráfico, ordenanzas de descarga, limitacións de tráficos en vías ou a vehículos determinados, aparcamento de vehículos de transportes de mercadorías perigosas ...).

Por outra banda, a dimensión loxística que teñen que asumi-las empresas de transporte require por unha parte centros de dotacións axeitados e que concentren a oferta de transporte e por outra instalacións modernas e con dimensións que superen as que as empresas dispoñen na actualidade nos contornos urbanos ou periurbanos.

Desde o punto de vista das administracións locais, resulta perentorio supera-lo problema do aparcamen

to anárquico nas calzadas das periferias así como posibilitar controis loxísticos de recepción das grandes cargas desde os que se poida face-la distribución capilar no contorno comarcal con vehículos pequenos.

Ámbolos dous aspectos resólvense cos centros como o que se está a promover en San Cibrao das Viñas.

Consecuentemente, co fin de solventa-los problemas dos concellos e darlle unha saída á urxente demanda xa existente, que pode levar á deslocalización de grandes empresas de transporte do contorno da cidade de Ourense, cos prexuízos que tal decisión provocaría no contorno comarcal, cómpre impulsa-las accións deste proxecto.

Para os ditos efectos, considérase necesario declara-la urxente ocupación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a actuación derivada do proxecto sectorial para a implantación da central de transportes e terminal intermodal de San Cibrao das Viñas.

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos no cadro anexo a este decreto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída o Consello da Xun

ta de Galicia, considerándose xustificada esta declaración polos motivos anteriormente sinalados.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, así como o artigo 56, parágrafo 1 do seu regulamento, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de outubro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único Declara-la urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación en beneficio da Dirección Xeral de Transportes, na actuación derivada do proxecto sectorial para a implantación da central de transportes e terminal intermodal de San Cibrao das Viñas (Ourense).

Santiago de Compostela, dezaseis de outubro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Alberto Núñez Feijóo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados pola expropiación para a execución do proxecto sectorial

para a implantación da central de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR