Decreto 391/2003, do 10 de outubro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Vigo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de alarga e mellora da rúa Gandarón.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 6 de xuño de dous mil tres, aprobou o proxecto de alarga e mellora da rúa Gandarón e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte do Concello de Vigo foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local do día vintesete de agosto de dous mil tres.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Administración Local o día once de setembro de dous mil tres.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o Concello de Vigo, esta rúa presenta unha sección transversal reducida, o que unido ó seu carácter de colector do tráfico industrial que xeran as actividades presentes nas ribeiras do Lagares, provoca, desde hai tempo, importantes problemas de seguridade vial e atoamentos. A dita carencia vénse manifestando sobre todo no relativo ós peóns, xa que na maior parte do percorrido non existen beirarrúas nin iluminación adecuada, o que produce unha mingua de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR