Decreto 179/2010, do 21 de outubro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da nova vía de conexión do corredor Brión-Noia coa estrada AC-543 en Sampaio, no concello de Noia. (Clave AC/03/008.01.3.2.1).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

Con data do 3 de agosto de 2010, a Dirección Xeral de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción da nova vía de conexión do corredor Brión-Noia coa estrada AC-543 en Sampaio, no concello de Noia. (Clave AC/03/008.01.3.2.1).

Este proxecto AC/03/008.01.3.2.1 propón a construción dunha vía que arranca na glorieta leste, pertencente ao enlace de Sampaio (proxectado no corredor Brión-Noia), e desde ese punto e ao longo de 400 metros, descende ata a referida estrada AC-543, onde se deseña unha glorieta circular que suporá o punto final das obras.

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta actuación vén motivada pola súa incidencia na seguranza viaria, xa que evita riscos innecesarios para os veciños de Sampaio ao articular e conectar o corredor Brión-Noia con estrada AC-543 e así desconxestionar este núcleo de poboación dun tráfico pesado e abundante de vehículos e, finalmente, reduce os tempos de percorrido.

A necesidade de proceder de forma inmediata á creación deste proxecto encontra tamén xustificación na próxima entrada en funcionamento do mencionado corredor.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

En virtude de todo o exposto, e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR