Resolución do 22 de novembro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza, se aproba o proxecto de execución e se declaran de utilidade pública, en concreto, as instalacións da liña de alta tensión (L.A.T.) a 132 kV desde a subestación eléctrica do Parque Eólico Pena da Loba ata a subestación eléctrica de Tesouro, no termo municipal das Pontes de García Rodríguez, provincia da Coruña. (Expediente IN407A 02/304 A.T.).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Rango de LeyResolución

Examinado o expediente instruído por petición da empresa Parque Eólico A Carba, S.A.U., con enderezo para efectos de notificación na rúa Fernando Casas Novoa, 37, portal B, 3º, 15703 Santiago de Compostela, resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-Con data do 3 de outubro de 2002, a citada empresa solicita a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da liña de alta tensión L.A.T. a 132 kV desde a subestación eléctrica do Parque Eólico Pena da Loba ata a subestación eléctrica de Tesouro, presentando o preceptivo proxecto das instalacións ás que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o 143 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que a desenvolve.

As características técnicas básicas da instalación, que ten como fin a interconexión das subestacións eléctricas dos parques eólicos da área denominada Faladoira

(Caxado, Pena da Loba, Coto Teixido e Faladoira) para a evacuación da enerxía producida nos citados parques eólicos, son as seguintes:

Liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV dobre circuíto, sobre torres metálicas de celosía, con condutor LA-280, de 13.568 metros de lonxitude, con orixe na subestación de Pena da Loba ata o apoio 63 da L.A.T. sub. Bustelo-sub. Tesouro existente, e desde este por circuíto dispoñible e derradeira na subestación de Tesouro, acompañado en todo o percorrido por cable OPGW de 24 fibras, discorrendo polo concello das Pontes de García Rodríguez.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, ao trámite de información pública mediante Resolución do 12 de maio de 2003. Esta resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 30 de maio, no BOP A Coruña do 12 de xuño e no diario La Voz de Galicia do 29 de maio. O anuncio estivo exposto no taboleiro de anuncios do Concello das Pontes de García Rodríguez.

Así mesmo, practicouse notificación individual aos interesados incluídos na relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro.-De acordo co disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, enviáronse separatas relativas ao proxecto aos organismos afectados.

Deste trámite de información obtívose a conformidade das diferentes entidades, empresas e administracións á autorización da instalación.

Cuarto.-Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública realizáronse as seguintes alegacións:

  1. Amador Luis Cabaleiro Romero solicita que sexa tida en conta para efectos de valoración económica a existencia dunha plantación de eucaliptos de 10 anos e a existencia dunha servidume de paso.

  2. Manuel Bernardo Ferreiro Castro manifesta que na notificación recibida existen incorreccións en canto á denominación e ocupación do predio afectado e así mesmo precisa que no terreo afectado cualificado como prado existe unha explotación apícola rexistrada.

  3. Manuel Prado Moure en nome e representación da mercantil Faprape, S.L., alega que os predios afectados titularidade da súa representada foron adquiridos para uso forestal e dada a forma dos predios e a traza da liña sobre os mesmos quedarían inservibles para o dito uso, polo que ha de terse en conta para efectos de valoración. Ademais manifesta que o ideal sería un cambio de traza da liña.

  4. O Servizo Provincial de Estradas da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda da Coruña manifesta que o tendido aéreo sobre as zonas de dominio público cumprirán o previsto na Lei 4/1994, de estradas de Galicia e o disposto no Real decreto 1812/1994, Regulamento xeral de estradas, no seu artigo 94.C.

  5. O Servizo de Montes e Industrias Forestais da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña comunica que o monte denominado O Seixo afectado...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR