Decreto 211/2007, do 25 de outubro, polo que se establecen as percepcións, medios e recursos asignados e precedencias que lles correspondan ás ex-presidentas e ex-presidentes da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O artigo 11, punto 7º, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, foi modificado pola Lei 12/2007, do 27 de xullo, pola que se modifica a Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia, e a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia. Nel establécense as previsións necesarias respecto do tratamento e honras vitalicias das ex-presidentas e ex-presidentes da Xunta de Galicia, así como determinadas prestacións materiais que han de outorgárselles mediante norma con rango de decreto despois do seu cesamento no cargo.

Este decreto vén dar cumprimento a tal previsión normativa regulando as percepcións, medios e recursos asignados e precedencias que lles correspondan ás ex-presidentas e ex-presidentes da Xunta de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e cinco de outubro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º Dereitos de carácter temporal.
  1. Durante o prazo de dous anos inmediatamente posteriores ao seu cesamento, as ex-presidentas e ex-presidentes da Xunta de Galicia terán dereito a percibir unha compensación económica do 60 por cento da que teña asignada en cada momento a persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia. Esta compensación económica deberá quedar consignada especificamente nos orzamentos xerais da comunidade autónoma.

  2. Desde a data do seu cesamento, e durante un período de catro anos adicionais, tivéronse a condición de presidenta ou presidente durante catro ou menos anos, ou por un período de dez anos adicionais, se tiveron a condición de presidenta ou presidente durante máis de catro anos, serán postos á súa disposición os medios e servizos seguintes:

  1. Quedará adscrito ao seu servizo, un posto de traballo da Administración autonómica, con nivel administrativo mínimo 18, ou persoa contratada por esta.

  2. Quedará asignado ao seu servizo un automóbil de representación do parque móbil con condutor, da comunidade autónoma.

Este dereito será incompatible coa condición de membro nato do Consello Consultivo de Galicia ou co exercicio dun cargo público que outorgue unha prestación de medios e servizos de análoga natureza.

Artigo 2º Dereitos vitalicios.

As ex-presidentas e ex-presidentes da Xunta de Galicia...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR