Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polas funcionarias e funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo da antigüidade no centro en función das causas de acceso a el.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

Preámbulo

As funcionarias e funcionarios docentes que imparten ensinanzas distintas das universitarias poden perder o seu destino definitivo, de forma provisional ou definitiva, por diminución das necesidades de profesorado no seu centro de destino. Esta diminución pode ter a súa orixe na situación demográfica, na planificación educativa ou nas modificación dos plans de estudos. Existe, pois, a necesidade de ter regulados os criterios que permitan determinar entre varios funcionarios docentes, quen debe ser o afectado pola perda do seu destino definitivo, quedando na situación de suprimido.

Na actualidade estes criterios están establecidos nas disposicións adicionais sétima e undécima do Real decreto 2112/1998, do 2 de outubro, polo que se regulan os concursos de traslados de ámbito nacional para a provisión de prazas correspondentes aos corpos docentes. Estas disposicións adicionais, que non teñen o carácter de norma básica, prescriben que para o funcionariado do corpo de mestres a prioridade de permanencia no centro vén determinada pola antigüidade no centro, mentres que para os restantes funcionarios o criterio preferente é a antigüidade no corpo. Resulta razoable unificar os criterios para todos os funcionarios docentes e esta unificación realízase sen que afecte as expectativas dos funcionarios que xa accederon aos centros ou van acceder en virtude de procedementos de provisión de postos convocados con anterioridade á entrada en vigor deste decreto, polo que se establece unha disposición transitoria mantendo a regulación actualmente vixente para estas funcionarias e funcionarios docentes.

O criterio que se fai prevalecer é o da antigüidade no centro, pois para o mantemento dun destino definitivo resulta razoable que prime máis a antigüidade nese posto concreto que os anos de experiencia que se posúen no corpo, producíndose unha maior estabilidade dos claustros de profesores e favorecendo unha mellor integración dos docentes nos respectivos centros. Pola súa vez, esta medida, facilitará o incremento da porcentaxe de profesorado con destino definitivo nos centros educativos, incidindo positivamente na calidade do ensino.

Pola súa banda, a disposición adicional décimo cuarta do mesmo Real decreto 2112/1998, do 2 de outubro, prescribe que dentro do ámbito territorial que as Administracións educativas determinen, nos casos nos que se produza un cambio de ensinanzas desde un centro a outro, os profesores das especialidades afectadas quedarán adscritos ao novo centro, mantendo para todos os efectos a antigüidade que posuían no centro de orixe. Parece oportuno limitar a conservación da antigüidade

para os efectos de concurso de traslados e clarificar que, cando no centro receptor das ensinanzas, xa exista profesorado das especialidades afectadas, a adscrición con carácter definitivo se limitará a un número de profesores por especialidade igual ao número de vacantes previamente existentes incrementado, se é o caso, no de vacantes que se xeren por mor do traslado destas ensinanzas. Con esta medida impídese que unha funcionaria ou funcionario docente con destino definitivo nun centro educativo poida resultar suprimido no seu destino como consecuencia do acceso ao centro doutra ou doutro docente do mesmo corpo e especialidade.

Así mesmo, parece oportuno manter a regulación recollida no Real decreto 2112/1998, do 2 de outubro, para os supostos de obtención de destino definitivo nun centro como consecuencia de desagregación, desdobramento ou transformación total ou parcial doutro ou doutros centros.

Por último, procede estender ao funcionariado do corpo de mestres a figura de profesor desprazado do seu centro por falta de horario, prevista para as funcionarias e funcionarios que imparten ensino secundario na disposición adicional décimo terceira do precitado Real decreto 2212/1998, do 2 de outubro, polo que se regulan os concursos de traslados de ámbito nacional para a provisión de prazas correspondentes aos corpos docentes.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, en uso das atribucións conferidas polos artigos 28.1 e 31 do Estatuto de autonomía de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR