Decreto 295/2002, do 17 de outubro, sobre subvencións a fondo perdido para a reconstrucción protexida de vivendas no medio rural de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

O Real decreto 1/2002, do 11 de xaneiro, establece o marco normativo de financiamento de actuacións protexidas do Plan de Vivenda e Solo para o período 2002-2005.

O Decreto 127/2001, do 25 de maio, regulaba as subvencións a fondo perdido para a reconstrucción de vivendas no medio rural de Galicia.

A xeral aceptación destas axudas así como a necesidade aínda existente de actuacións de reconstrucción, rehabilitación integral, remodelacións e ampliacións nas vivendas do medio rural de Galicia explican a oportunidade da publicación dunha nova normativa que, por unha banda, continúe como complemento diferenciado da normativa de subvencións a fondo perdido para actuacións de rehabilitación máis simples recollida no Decreto 228/2002, do 20 de xuño, sobre subvencións a fondo perdido para a rehabilitación protexida de vivendas no medio rural de Galicia, e pola outra, en coherencia co novo marco normativo, articule estas subvencións como unha liña máis de axuda entre as previstas para a vivenda con carácter permanente ata o ano 2005.

Por coherencia coa normativa do novo Plan de Vivenda 2002-2005 a limitación dos ingresos ponderados pasa a expresarse en número de veces ó salario mínimo interprofesional.

Modifícase, ademais, o procedemento para adecualo ó modelo seguido na rehabilitación protexida do Plan de Vivenda, mediante as resolucións de declaración provisional e definitiva de reconstrucción protexida e a ulterior de concesión da subvención.

O presente decreto desenvolverase mediante ordes anuais que determinarán a contía dos recursos para cada exercicio orzamentario.

En virtude do anterior por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de outubro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

A presente disposición ten por obxecto protexer e incentiva-la reconstrucción e reestructuración de vivendas rurais, promocionando solucións axeitadas ó medio e respectuosas coa tipoloxía da arquitectura tradicional da zona.

Artigo 2º Concepto de vivenda rural.

Para efectos deste decreto considéranse vivendas rurais as vivendas unifamiliares situadas en:

  1. Entidades de poboación inferiores a 500 habitantes.

  2. Núcleos entre 500 e 1.500 habitantes de municipios con planeamento municipal vixente, sempre que os núcleos sexan rurais ou, no caso de núcleos urbanos, sempre que a ordenanza de aplicación considere como compatible o uso da vivienda unifamiliar.

  3. Núcleos entre 500 e 1.500 habitantes dos municipios sen planeamento sempre que teñan un claro carácter rural e non sexan características de aglomeracións ou concentracións urbanas.

Artigo 3º Condicións para a reconstrucción.

Poderán ser obxecto destas axudas aquelas vivendas cunha antigüedade superior ós 40 anos e que, como consecuencia das actuacións, vaian ser destinadas a domicilio habitual e permanente do beneficiario, durante o prazo, como mínimo de cinco anos, contados a partir da notificación da concesión da subvención.

No caso dos galegos residentes no exterior da Comunidade Autónoma esta obriga limitarase á residencia na vivenda reconstruída durante polo menos trinta días ó ano, no mesmo período.

Artigo 4º Actuacións protexibles.
  1. As actuacións que se inclúen no ámbito de protección que se establece neste decreto son as seguintes:

    1. Reestructuración interior.

      Abrangue as obras que readapten a configuración arquitectónica interior do edificio con adecuacións significativas dos seus elementos fixos ou estructurais ás necesidades actuais dunha vivenda unifamiliar. Inclúe os baleiramentos totais con mantemento das fachadas.

    2. Reconstrucción integral.

      Abrangue as obras en edificacións que, dado o seu estado de ruína, ou como consecuencia de anteriores modificacións, só permiten a conservación de elementos valiosos illados da edificación primitiva, incorporándoos á edificación de nova planta.

    3. Ampliación da vivenda.

      Abrangue a ampliación do volume existente. As ampliacións deberán adecuarse ás características da edificación que se amplía e ás fixadas no planeamento vixente.

  2. Para todas as actuacións anteriores será requisito indispensable, ademais da licencia municipal, o correspondente proxecto básico e de execución asinado polo técnico competente que, ademais das calidades técnicas e de seguridade das obras que se van realizar, garantirá a adecuación ó medio e á paisaxe da edificación resultante. En todo caso o proxecto deberá respectar e mante-las características tipolóxicas valiosas da edificación primitiva, conservando tódolos elementos merecentes de protección polo seu valor artístico, histórico, arquitectónico ou da tipoloxía tradicional.

Artigo 5º Beneficiarios.

Poderán solicita-las subvencións reguladas neste decreto sobre subvencións para reconstrucción de vivendas as persoas físicas que, sendo propietarias delas, obteñan uns ingresos familiares ponderados que non excedan de 3,5 veces o salario mínimo interprofesional.

As persoas físicas que residan, sen pagaren renda ningunha, en vivendas propiedade de institucións privadas sen fins de lucro, poderanse acoller ás axudas achegando o documento de autorización da institución correspondente. Tanto a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR