Decreto 98/2007, do 24 de maio, polo que se establece o procedemento para autorizar as permutas voluntarias de predios rústicos para os efectos de solicitar a exención do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyDecreto

O Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, no número 6 do seu artigo 45.I.B), establece a exención de determinadas transmisións de predios rústicos do pagamento do imposto.

Dentro desas exencións, figura a permuta voluntaria de predios rústicos sempre que fosen autorizadas polo Instituto Nacional de Reforma e Desenvolvemento Agrario (IRYDA).

O acollemento a esa excepción foi escaso, probablemente pola falta de desenvolvemento normativo e da articulación dun procedemento de autorización por parte do órgano competente ao cal se puidesen acoller as persoas titulares de predios rústicos. Axudaría a mellorar esta situación regular o procedemento para autorizar as permutas voluntarias de predios rústicos, de forma que as persoas titulares que se acollan a este beneficio fiscal non teñan que tributar pola reordenación das súas terras como se levasen a cabo unha compravenda.

Polo Real decreto 2423/1982, do 24 de xullo, transferíronse á Comunidade Autónoma de Galicia, funcións e servizos en materia de reforma e desenvolvemento agrario, reservando para si basicamente o Estado o establecemento das bases de coordinación xeral da actividade económica e a realización de actuacións que afecten máis de unha comunidade autonóma. As funcións que realizaba o antigo IRYDA foron asumidas por esta comunidade mediante o Decreto 127/1982, do 5 de outubro, e asignadas á consellería competente en materia de agricultura.

Xa que logo, no uso das atribucións concedidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e demais normativa concordante, e por proposta do conselleiro do Medio Rural de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e catro de maio de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

Este decreto ten por obxecto regular o procedemento para autorizar as permutas voluntarias de predios rústicos situados no territorio da comunidade autónoma, para os efectos de solicitar a exención do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, prevista no artigo 45.I.B).6 do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR