Resolución do 10 de marzo de 2006 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyResolución

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para o 2006, e conforme as fun

cións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

  1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación que, como modelos oficiais, se recollen no anexo II e III desta resolución, respectivamente.

  2. O número máximo de cursos que se poden solicitar limítase a cinco. Os cursos que conten con varias edicións só se poderán solicitar nunha única localidade.

  3. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en calquera outro curso no presente ano.

  4. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

  5. As solicitudes, dirixidas ao director da EGAP, presentaranse no rexistro xeral da Escola, sita na Rúa Madrid, núm. 2-4, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    Segunda.-Acceso ás actividades.

    Poderá participar o persoal que cumpra os requisitos específicos exixidos para cada curso no aludido anexo I. Queda excluído o persoal docente e sanitario que non desempeñe postos na Administración xeral.

    Terceira.-Selección.

  6. Os criterios selectivos que se van empregar serán os sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 11 de febreiro de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 34, do 18 de febreiro) e, se é o caso, os criterios específicos que se establezan para cada acción formativa no anexo I.

  7. Nos cursos que conten con varias edicións, terá preferencia na selección efectuada para cada unha das localidades programadas o persoal que desempeñe o seu posto de traballo nelas.

  8. Para os efectos do previsto no artigo 45 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, o persoal que teña concedido un curso cuxa realización coincida co período de desfrute dunha licenza de maternidade, un permiso de paternidade, unha redución de xornada ou unha excedencia para o coidado de familiares, incorporarase na seguinte convocatoria do mesmo curso.

    O interesado presentará xunto coa solicitude, unha copia compulsada do xustificante do desfrute das ditas situacións.

  9. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Atención ao Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Así mesmo, co obxecto de facilitarlles o acceso á información dunha forma áxil e rápida, evitando desprazamentos innecesarios, publicaranse na páxina web: www.egap.xunta.es.

    Cuarta.-Certificacións de asistencia.

  10. Outorgaráselles o correspondente certificado de asistencia aos alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixar a realización das probas que considere oportunas ou requirir a presentación dun traballo final de prácticas.

  11. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións dos cursos. Toda inasistencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de todos os dereitos.

    Para poder superar os cursos de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

    -Asistencia á sesión presencial de apertura.

    -Adecuada realización das actividades que o titor propoña. Estas deben constar como aprobadas.

    -Lectura detallada dos contidos do curso. Cada curso ten uns contidos teóricos que deben ser revisados na plataforma.

    Unha vez superados estes tres requisitos, o alumno deberá asisitir á proba final, de carácter presencial, que terá lugar nas dependencias da EGAP o último día do curso. Para poder obter o diploma é necesario acadar un aprobado nesa proba.

  12. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberanlles facilitar copia das certificacións recibidas aos servizos de persoal do centro directivo ao que estean adscritos.

    Quinta.-Modificacións.

  13. A EGAP poderá modificar o desenvolvemento e mais os contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

  14. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ao 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspender a realización do curso de que se trate, empregando para o efecto os medios de notificación aos interesados previstos na normativa vixente.

    Santiago de Compostela,10 de marzo de 2006.

    Antonio Izquierdo Escribano

    Director da Escola Galega de

    Administración Pública

    ANEXO I

    * Curso: conceptos xerais e ferramentas da calidade.

  15. Obxectivos.

    Proporcionar coñecementos xerais sobre a calidade, facendo fincapé na súa repercusión na Administración pública, así como facilitar as ferramentas utilizadas na xestión da calidade das unidades administrativas.

  16. Persoal ao que vai dirixido.

    Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas co contido do curso, preferentemente responsables de unidades administrativas con nivel de subdirección xeral ou xefatura de servizo.

  17. Desenvolvemento.

    3.1. Duración: 25 horas.

    3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 2, 3, 4, 8, 9, 10, 11, 15 e 16 de maio.

    3.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

    3.4. Prazas: 20.

  18. Contido.

    O concepto actual da calidade e as súas repercusións na Administración pública. Cultura da calidade e sociedade do coñecemento. Os modelos da calidade: o modelo Deming, o modelo Malcom Baldrige e o modelo da Fundación Europea da Calidade (EFQM). As normas de certificación ISO 9000. Metodoloxías para xestionar a calidade: reunións de equipo, indicadores da calidade e custos da calidade. Ferramentas de calidade: tipos de ferramentas da calidade, diagrama de fluxo. Percorrido do cliente. Diagramas de representación dos datos. Fitograma. Diagrama de pareto. Gráficos de dispersión. Diagrama de causa-efecto. Análise modal de fallos e efectos AMFE.

    * Curso: deseño e desenvolvemento de proxectos.

  19. Obxectivos.

    Adquirir unha metodoloxía de xestión, mellorar a calidade e eficacia dos proxectos, e coñecer ferramentas de planificación, de organización e de control de proxectos.

  20. Persoal ao que vai dirixido.

    Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas co contido do curso, preferentemente responsables de unidades administrativas con nivel de subdirección xeral ou xefatura de servizo.

  21. Desenvolvemento.

    3.1. Duración: 20 horas.

    3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 10, 11, 15, 16, 22, 23 e 24 de maio.

    3.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

    3.4. Prazas: 20.

  22. Contido

    O proxecto: concepto, clases e características. Condicións de xestión dos proxectos: principios básicos. O cliente e os obxectivos do proxecto. As etapas do proxecto: a planificación, a execución, a entrega ou posta en marcha. Control e seguimento do proxecto. A documentación do proxecto. O factor humano. O apoio informático.

    * Curso: introdución ao estudo das políticas públicas.

  23. Obxectivos.

    Achegar o funcionario/a a unha nova cultura administrativa na que o importante non é só a legalidade da súa situación, senón a súa eficacia medida en termos de maior ou menor satisfacción dos seus clientes.

  24. Persoal ao que vai dirixido.

    Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo desenvolvan tarefas relacionadas coas materias obxecto do curso.

  25. Desenvolvemento.

    3.1. Duración: 25 horas.

    3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 29, 30 e 31 de maio e os días 1, 5, 6, 7 e 8 de xuño.

    3.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

    3.4. Prazas: 20.

  26. Contido.

    O modelo weberiano. A análise das políticas públicas en Europa e nos Estados Unidos. ¿Que son as políticas públicas? Proceso de elaboración das políticas públicas. Aplicación e burocracia. Avaliación: obxectivos, tipos e métodos.

    * Curso: superior do dereito da organización e do procedemento administrativo.

  27. Obxectivos.

    Afondar nos coñecementos e lograr o desenvolvemento das aptitudes e habilidades no manexo das institucións fundamentais do dereito da organización -con especial referencia á organización da Xunta

    de Galicia- e do procedemento administrativo, a través dun sistema de unidades didácticas que fomenten o traballo en grupo, a realización de actividades, casos prácticos e análise de situacións.

  28. Persoal ao que vai dirixido.

    Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia que ocupen postos de traballo de responsabilidade en unidades administrativas que xestionen procedementos administrativos, que preferentemente tivesen realizado previamente na Escola Galega de Administración Pública cursos de procedemento administrativo ou de perfeccionamento de xefes de sección ou negociado.

  29. Desenvolvemento.

    3.1. Duración: 80 horas.

    3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 1, 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27 e 29 de xuño, 19, 21, 26 e 28 de setembro, 3, 5, 10, 17, 19, 24, 26 e 31 de outubro e 7, 9, 14, 16, 21 e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR