Resolución do 22 de marzo de 2006 pola que se convocan cursos dirixidos a persoal de Administración local da Comunidade Autónoma galega.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyResolución

Dentro do plan de actividades da EGAP para o 2006, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos que figuran no anexo I dirixidos a persoal de corporacións locais da Comunidade Autónoma galega, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar nos cursos programados no anexo I deberá solicitalos coa presentación da instancia que segundo o modelo oficial figura como anexo II desta resolución, e cubrila en todas as súas

epígrafes, e na cal se farán constar, en todo caso, os seguintes datos:

Descrición do posto de traballo que desempeña na actualidade, xuntando á solicitude a certificación que figura como anexo III desta resolución, na cal conste o tipo de traballo que realiza e a súa relación co contido do curso.

Conformidade da entidade na que presta servizos. Cando solicite máis dun interesado da mesma corporación, deberase especificar a orde de preferencia.

A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado.

As solicitudes irán dirixidas ao director da EGAP, e presentaranse no Rexistro Xeral da Escola Galega de Administración Pública, r/ Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30, sen prexuízo da necesidade de remisión da solicitude orixinal por correo ordinario.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 20 de abril de 2006.

Seguidamente, efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente aos admitidos e publicarase na páxina web: egap.xunta.es.

Terceira.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 11 de febreiro de 2004, pola que se fan públicos los criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 34, do 18 de febreiro).

Cuarta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento dos cursos, así como a de anulalos se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Quinta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR