Resolución do 16 de xuño de 2005 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas encamiñadas ao fomento da enerxía solar e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2005.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorINSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Rango de LeyResolución

Dentro dos fins do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) atópase o fomento do desenvolvemento das enerxías renovables. Para levar a cabo este fin o Inega, entre outras actuacións, desenvolve diversas liñas de apoio á enerxía solar dentro do Programa de fomento da enerxía solar da Xunta de Galicia. Este programa ten como obxectivo contribuír de forma significativa a que, no seu ámbito de aplicación, a enerxía solar se poida integrar no mercado enerxético nas mesmas condicións que o resto das fontes enerxéticas. Para a consecución deste obxectivo entre as actuacións do Inega prevese o apoio financeiro á instalación de sistemas solares. En concreto, mediante esta convocatoria o Inega establece un sistema de axudas complementario aos creados por outras entidades públicas consistente en subsidiar o tipo de xuro dos préstamos concertados con entidades financeiras destinados a financiar investimentos en proxectos de enerxía solar.

Artigo 1º Obxecto.

O obxecto da presente resolución é proceder á convocatoria dunha liña de axudas consistente na subsidiación do tipo de xuro dos préstamos concertados con entidades financeiras destinados a financiar investimentos en proxectos de aproveitamento activo de enerxía solar (instalacións solares térmicas e fotovoltaicas).

Os préstamos poderanse concertar con aquelas entidades financeiras que asinasen o correspondente convenio co Inega. As condicións básicas de financiamento recollidas nese convenio figuran como anexo I á presente resolución.

Artigo 2º Beneficiarios.

Poderán acollerse ás axudas reguladas nesta convocatoria os interesados relacionados a continuación, sempre que desenvolvan a actividade subvencionable no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

  1. Empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica.

  2. Traballadores por conta propia en réxime de autónomos, agrario, gandeiro, etc.

  3. Particulares.

  4. Asociacións, fundacións e demais entidades sen ánimo de lucro.

  5. Entidades públicas galegas.

As accións subvencionables deberanse realizar en bens cuxa titularidade corresponda ao beneficiario. A propiedade da instalación obxecto da subvención

deberá manterse en poder do beneficiario durante o período de vixencia do préstamo. En caso de producirse un cambio de titularidade na instalación, deberá ser comunicado ao Inega, que poderá solicitar, instruíndo o procedemento oportuno, o reintegro do importe da axuda proporcional ao prazo do préstamo pendente de vencemento.

Artigo 3º Contía das axudas e investimento subvencionable.
  1. As axudas concederanse con cargo ao Programa de fomento de enerxía solar consignado nos orzamentos de capital do Inega do exercicio 2005 (aplicación orzamentaria: 03.01.01.2180107) cun importe orzado para o presente exercicio de 150.000 A.

  2. Poderán ser obxecto de axudas os investimentos realizados en instalacións de enerxía solar térmica ou fotovoltaica. O importe da subvención será o resultado de actualizar ao xuro legal do diñeiro a contía resultante de aplicar un tipo do 3% ao préstamo concertado polo beneficiario para o financiamento do investimento subvencionable sen que, en ningún caso, como consecuencia da subvención o tipo de xuro aplicable ao préstamo resulte inferior ao 0%. Para estes efectos, terase en conta o tipo de xuro correspondente ao primeiro período de referencia. Non obstante, a porcentaxe anterior só se aplicará á parte do préstamo que non exceda do 70% do investimento subvencionable, tendo en conta os límites establecidos no número 4 deste artigo.

    O cálculo da axuda realizarase do seguinte xeito: en primeiro lugar, calcularase o valor absoluto da subvención que se percibirá durante o período de vixencia do préstamo. Para estes efectos, considerarase unha periodicidade mensual dos pagamentos con independencia da que teñan pactada as partes. A continuación, actualizaranse os valores absolutos obtidos utilizando como taxa de desconto o tipo de xuro legal do diñeiro correspondente ao ano de presentación da solicitude. O importe resultante aboarase dunha soa vez e destinarase á amortización anticipada do principal de préstamo, non podendo a entidade financeira cobrar ningunha comisión pola devandita amortización.

  3. Para a definición do investimento subvencionable, no caso de proxectos promovidos por empresas, serán de aplicación as directrices comunitarias sobre axudas estatais a favor do ambiente (2001/C 37/03-DOCE 3-2-2001), polo que, segundo o punto 37, os custos subvencionables calcularanse netos das vantaxes obtidas dun eventual incremento da capacidade, dos aforros e custos xerados durante os cinco primeiros anos de vida do investimento e das producións accesorias adicionais durante o mesmo período de cinco anos. No ámbito das enerxías renovables, os custos do investimento...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR