Resolución do 7 de abril de 2010 pola que se anuncia a convocatoria para a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorAXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
Rango de LeyResolución

A Axencia Galega das Industrias Culturais -Agadic-, no exercicio das súas competencias de fomento do audiovisual galego, consciente da importancia de establecer liñas de apoio para facilitar a emerxencia do talento e a innovación audiovisual, proponse realizar un programa que aposte pola aparición de novos creadores audiovisuais en Galicia, así como a promoción de novas estéticas narrativas ou experimentais de decidido contido artístico e cultural, co propósito de contribuír á promoción da diversidade cultural e ao desenvolvemento de novas formas de expresión audiovisual dentro do noso país.

Por medio desta convocatoria de subvencións, a Axencia Galega das Industrias Culturais pretende fomentar a creación cultural no campo do sector audiovisual e, en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes ou longametraxes dixitais de decidida vocación artística e cultural realizadas por creadores individuais.

Nesta resolución establécense as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións para a escrita e produción de proxectos en versión orixinal galega -entendendo como tal a rodaxe/gravación en lingua galega- co obxectivo de estimular a creación de novos profesionais da industria audiovisual galega, impulsar as novas tecnoloxías e contribuír ao cumprimento das tarefas que a Lei do audiovisual atribúe ao sector na normalización da lingua galega.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º Convocatoria e bases reguladoras.
  1. Por esta resolución establécense as bases reguladoras da concesión de subvencións de creación audiovisual para a escrita individual de guións e a realización de curtametraxes e longametraxes en soporte dixital que se inclúen no anexo I.

  2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas axudas para o ano 2010.

Artigo 2º Financiamento e concorrencia.
  1. Para a concesión das subvencións destínase un crédito global de 300.000 euros correspondente á aplicación 11.A1.432B.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2010. Esta cantidade poderá ser incrementada como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, o cal poderá dar lugar á concesión de máis axudas de acordo coa orde de prelación dos solicitantes que resulte de aplicación dos criterios de valoración do artigo 8º das bases reguladoras.

  2. A axuda que se concederá asume a forma de axuda a fondo perdido e o procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva.

Artigo 3º Beneficiarios.
  1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberase presentar unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 3º das bases reguladoras.

  2. A solicitude de subvención (anexo II) e os demais anexos que a acompañan (anexo III) poderanse obter a través do enderezo da internet:

www.agadic.info

Artigo 4º Lugar e prazo de presentación das solicitudes.
  1. As solicitudes presentaranse preferentemente no rexistro da Axencia Galega das Industrias Culturais, no rexistro xeral de servizos centrais da Xunta de Galicia ou por calquera dos restantes medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

  2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 5º Prazo de duración do procedemento de concesión.
  1. Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

  2. Para os efectos establecidos no artigo 42.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o prazo máximo para resolver as solicitudes correspondentes aos proxectos recollidos nesta resolución será de seis meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.

Artigo 6º Prazo de xustificación das subvencións.

O prazo de xustificación para as subvencións rematará o 31 de outubro de 2010.

Transcorrido o prazo de xustificación sen que se presente esta ante a Agadic, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de xustificación neste prazo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a exixencia do reintegro e demáis responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 7º Información aos interesados.

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional no enderezo da Axencia Galega das Industrias Culturais a través dos seguintes medios:

  1. Páxina web da Agadic: www.agadic.info

  2. Teléfonos: 881 99 96 10, 881 99 96 14, 881 99 96 15 e 881 99 96 17.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Habilitación para o desenvolvemento.

Facúltase o director da Agadic para ditar as resolucións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2010.

Roberto Varela Fariña

Presidente do Consello de Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de subvencións para a promoción e desenvolvemento do talento audiovisual galego

Artigo 1º Obxecto e réxime das axudas.

Poderán ser obxecto de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais as seguintes modalidades de proxectos presentados por creadores individuais:

Modalidade A: escrita individual de guión. Subvencións para proxectos de guión de obras orixinais ou adaptación de obras literarias, para longametraxes de ficción, documentais ou películas para TV. A contía máxima por proxecto será de 12.000 euros, á que serán de aplicación as retencións impositivas legalmente previstas.

Modalidade B: curtametraxe en soporte dixital. Subvencións para a produción de proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal galega -ficción, animación ou documental- cunha duración inferior a 30 minutos. As subvencións terán unha contía máxima de 6.000 euros, á cal serán de aplicación as retencións impositivas legalmente previstas.

Modalidade C: curtametraxes experimentais. Subvencións para a produción de curtametraxes innovadoras ou experimentais. Serán obxecto desta modalidade aqueles proxectos e obras experimentais de decidido contido artístico e cultural. A axuda máxima por proxecto ascende a 10.000 euros, á cal serán de aplicación as retencións impositivas legalmente previstas.

Os proxectos conterán as seguintes características:

-Que propoñan unha ruptura cos códigos narrativos convencionais, é dicir, que vaian alén do tratamento formal das imaxes, dos virtuosismos da montaxe, dun uso do son innovador, dunha mestizaxe de xéneros ou da alteración máis ou menos radical da linealidade narrativa.

-Que aposten polo proceso de rodaxe-gravación como método para atopar unha...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR