Decreto 62/2008, do 3 de abril, polo que se acorda a intervención administrativa da Confraría de Pescadores de Ferrol.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Rango de LeyDecreto

A Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia, establece no seu artigo 1.2º que as confrarías de pescadores quedan suxeitas á tutela da Administración pública galega, que será exercida a través da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

No desenvolvemento da citada norma, ditouse o Decreto 261/2002, do 30 de xullo, que regula no seu artigo 3 a suxeición das confrarías á tutela da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Na Confraría de Pescadores de Ferrol detectouse unha manifesta falta de liquidez para facer fronte ás débedas coa Facenda pública galega incumprindo as condicións do fraccionamento concedido, non constando, así mesmo, a reestruturación de pasivos acordados cos debedores.

O citado decreto establece no capítulo V o réxime orzamentario, económico e contable das confrarías de pescadores de Galicia, regula nos artigos 55 e seguintes o réxime contable, establece no artigo 56.5º e 59 a obriga de presentar as contas anuais ante a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e ante o Consello de Contas. A pesar dos requirimentos feitos pola consellería, a día de hoxe non foron presentadas as contas correspondentes aos anos 2005 e 2006.

A existencia de débedas ante a Facenda autonómica, así como o descoñecemento real e efectivo da situación económica da citada confraría, poden supoñer a existencia dun grave desequilibrio patrimonial para unha corporación de dereito público que aconsella que se adopten as medidas legais necesarias para poñer fin a esa situación que lle impide facer fronte ás súas obrigas de pagamentos e incumprimento da normativa contable das confrarías de pescadores.

Ante a situación patrimonial tan grave que está atravesando a Confraría de Pescadores de Ferrol, que pon en perigo a súa existencia, e dada a conveniencia para o interese social da continuidade da confraría, é necesario a adopción da medida prevista no artigo 64 do Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións, e, por proposta da conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de abril de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Decretar a intervención administrativa da Confraría de Pescadores de Ferrol como consecuencia da súa grave situación económica e patrimonial, que pon en perigo a súa existencia como corporación de dereito...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR