Decreto 169/2007, do 30 de agosto, polo que se aproba a modificación dos estatutos do Consorcio Comarcal contra Incendios e Salvamento da Limia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A necesidade de darlle unha resposta eficaz ao servizo de prevención e extinción de incendios na Comunidade Autónoma de Galicia fai necesaria unha organización común e axeitada deste servizo en todo o territorio galego con este fin, a Xunta de Galicia levou a cabo, no seu día, o Plan galego de dotación de parques contra incendios urbanos baseado en criterios de racionalidade técnica e económica que permitiría dotar a comunidade autónoma dun servizo integrado de prevención e extinción de incendios e que xunto coa restante normativa de aplicación, garante a prestación do devandito servizo en condicións aceptables en toda Galicia.

O Consorcio Comarcal contra Incendios e de Salvamento da Comarca da Limia foi constituído mediante o Decreto 390/2005, do 28 de xullo, e participan nel a Xunta de Galicia (por acordo do seu consello na súa reunión do día 17 de febreiro de 2005, segundo o disposto no punto 3º do artigo 196 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia), a Deputación Provincial de Ourense e os concellos desa comarca, concretamente forman parte del os concellos de Vilar de Santos, Vilar de Barrio, Sandiás, Sarreaus, Xinzo de Limia, Trasmiras, Os Blancos, Porqueira, Calvos de Randín, Rairiz de Veiga e Baltar.

A sesión constitutiva do referido consorcio tivo lugar o día 22 de novembro de 2005. Con data do 29 de agosto de 2006, o Pleno do Consorcio acorda iniciar o procedemento de modificación dos seus estatutos. A reforma afecta exclusivamente o artigo 14 dos estatutos, que regula a figura do xerente.

O procedemento de modificación dos estatutos dos consorcios está regulado nos artigos 151.2º e 143 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. En cumprimento do disposto nos citados preceptos, o presidente do Consorcio Comarcal contra Incendios e Salvamento da Limia remitiulle á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a documentación relativa á súa modificación.

Examinada a dita documentación, considérase que a tramitación da modificación estatuaria seguiu o procedemento legalmente previsto para tal fin.

En síntese, para a adopción do acordo de modificación deste consorcio observouse a seguinte tramitación:

-O Pleno do Consorcio acorda iniciar o procedemento de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR