DECRETO 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

A Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, crea e regula no seu título II a entidade Augas de Galicia como ente de dereito público chamado a constituírse no instrumento central para levar a cabo a política da auga en Galicia. O organismo público, como entidade responsable en materia de augas no ámbito das competencias que corresponden á Xunta de Galicia, exerce as funcións indicadas no artigo 11 da mencionada lei.

A entidade pública exerce a súa actividade de acordo cos principios xerais establecidos no artigo 3 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia e, en particular, garantindo a máxima eficacia no cumprimento das súas funcións e na prestación dos seus servizos, de acordo co principio de participación das persoas usuarias da auga e con pleno respecto polas competencias que corresponden ás demais administracións públicas, así como polos dereitos e intereses dos particulares.

Así, de acordo coas devanditas finalidades, as grandes liñas de actuación de Augas de Galicia diríxense nos seguintes sensos:

  1. Utilización sustentable e racional da auga e contribución á preservación e mellora do medio ambiente e, en particular, dos ecosistemas acuáticos.

  2. Compatibilidade da xestión pública da auga coa ordenación do territorio, a actividade económica, a conservación e protección do ambiente e a restauración da natureza.

  3. Unidade de xestión e planificación da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa.

  4. Participación das persoas usuarias, transparencia e información ao público en xeral.

  5. Eficacia na prestación dos servizos públicos de abastecemento, saneamento e depuración.

  6. Recuperación dos custos dos servizos relacionados coa auga, incluídos os custos ambientais, para acadar a suficiencia financeira do sistema no marco dun prezo asequible.

  7. Coordinación e cooperación entre as administracións públicas con competencias en materia de augas e obras hidráulicas.

  8. Garantía da calidade da subministración da auga urbana en defensa da saúde dos cidadáns e das cidadás.

  9. Solidariedade territorial nos investimentos en infraestruturas e de equidade social nas políticas tarifarias na prestación dos servizos da auga.

Para desenvolver este conxunto de accións é preciso que a entidade dispoña dunha estrutura adecuada que garanta a toma de decisións, así como a coordinación entre as súas diferentes unidades. Por isto, adóptase o seguinte modelo de estrutura: a estrutura de goberno do organismo está formada pola Presidencia e o Consello Reitor, sendo a Dirección o órgano executivo, e a estrutura de participación é integrada polo Consello para o Uso Sustentable da Auga.

De acordo co previsto na disposición adicional terceira da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, corresponde ao Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro competente en materia de augas, aprobar mediante decreto o estatuto polo que debe rexerse a entidade Augas de Galicia, como desenvolvemento regulamentario da súa estrutura organizativa e do seu réxime de funcionamento. Este é o obxecto do presente decreto.

Por outra parte, a disposición transitoria terceira, alínea 6, da Lei 16 /2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ordena que as determinacións contidas no seu título III sexan de aplicación ás entidades instrumentais que foran creadas por leis anteriores á súa entrada en vigor e que aínda non tivesen aprobados os seus estatutos, de xeito que estes deberán ser aprobados adaptándose integramente ao establecido na mencionada lei. Sendo este o caso de Augas de Galicia, no estatuto que se aproba polo presente decreto dáse cumprimento igualmente ao establecido nesa disposición transitoria terceira da Lei 16 /2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Así, Augas de Galicia constitúese como entidade pública empresarial das definidas nos artigos 89 e seguintes da nomeada lei.

Deste xeito, o Estatuto estrutúrase en tres capítulos. O primeiro refírese á natureza do ente, á súa sede e aos principios xerais de funcionamento; o segundo trata da organización interna de Augas de Galicia na dobre vertente de desenvolvemento dos preceptos da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, no que se refire á composición e funcionamento dos órganos colexiados de goberno e de participación, e a estrutura da Dirección do ente nos seus servizos centrais e territoriais; e o terceiro regula o réxime xurídico de funcionamento de Augas de Galicia, indicando primeiramente o marco normativo en que debe actuar a entidade e, seguidamente, especificando as previsións relativas ao persoal, réxime económico-financeiro e orzamentario, contratación, recursos económicos, patrimonio, e réxime de impugnación dos seus actos.

Na súa virtude, en exercicio da facultade prevista na disposición derradeira primeira da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, por proposta do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, oído o Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión celebrada o día doce de xaneiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo único Aprobación.

En virtude da regulación prevista na disposición transitoria terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, apróbase o Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, cuxo texto figura no anexo deste decreto.

Disposición adicional primeira. Constitución de Augas de Galicia.

  1. A constitución da entidade pública empresarial Augas de Galicia producirase coa celebración da sesión constitutiva do seu Consello Reitor, que terá lugar no prazo máximo de tres meses desde a entrada en vigor deste decreto, a partir da cal se realizarán todas as actuacións conducentes á súa entrada en funcionamento.

  2. A entrada en funcionamento da entidade pública empresarial Augas de Galicia producirase coa súa constitución. Nesta data da entrada en funcionamento da entidade quedarán extinguidos o organismo autónomo Augas de Galicia e a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, subrogándose a nova entidade en todos os seus dereitos e obrigas, así como nos contratos vixentes nesa data.

    Disposición adicional segunda. Persoal do organismo autónomo Augas de Galicia.

    O persoal funcionario de carreira e laboral fixo que preste os seus servizos no organismo autónomo Augas de Galicia pasará a desempeñar postos de traballo na nova entidade Augas de Galicia e a prestar servizos nesta nas mesmas condicións en que se atopase con efectos desde a data da súa entrada en funcionamento, coa mesma condición de persoal funcionario ou laboral de orixe.

  3. Ao persoal funcionario interino, laboral temporal e laboral indefinido non fixo que preste os seus servizos no organismo autónomo Augas de Galicia no momento da entrada en funcionamento da nova entidade Augas de Galicia pasará a desempeñar postos de traballo na nova entidade Augas de Galicia, co mesmo réxime e condicións que tiña no mencionado organismo, e co recoñecemento dos servizos prestados para os efectos da antigüidade.

    Disposición adicional terceira. Persoal da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

    O persoal laboral fixo da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos que, sendo seleccionado para a cobertura definitiva dun posto do catálogo de postos do ente público aprobado por este co informe favorable da Administración autonómica baixo os principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade, se adscriba á entidade Augas de Galicia de conformidade co disposto na disposición transitoria primeira deste decreto poderá ser integrado como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, consonte establece a disposición adicional décimo primeira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

    Ao persoal laboral fixo da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos que reúna os requisitos previstos no parágrafo anterior e se atope en situación de excedencia seralle de aplicación o disposto neste.

    Ao persoal que, como consecuencia do proceso previsto no...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR