DECRETO 70/2013, do 25 de abril, polo que se aproba o Plan de recuperación do sapoconcho común (Emys orbicularis L.) en Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

O artigo 148.9º da Constitución española dispón que as comunidades autónomas poderán asumir competencias na xestión en materia de protección do ambiente. A lexislación estatal en materia de ambiente, ao amparo da competencia exclusiva para o establecemento dunha lexislación básica sobre a protección do ambiente, promulga a Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestres (derrogada pola Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade).

Neste marco, a Comunidade Autónoma de Galicia, coa aprobación do Estatuto de autonomía, asumiu a competencia para ditar normas sobre protección do ambiente adicionais á lexislación básica do Estado. Apróbase, por tanto, a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, que recolle no seu artigo 48 a creación dun catálogo galego de especies ameazadas. Posteriormente, mediante o Decreto 88/2007, do 19 de abril, regúlase o Catálogo galego de especies ameazadas.

O sapoconcho común (Emys orbicularis L.) inclúese nese catálogo na categoría «en perigo de extinción». Esta categoría está reservada para aquelas especies cuxa supervivencia é pouco probable se os factores causantes da súa actual situación seguen actuando. A catalogación dunha especie como en perigo de extinción implica a elaboración dun plan de recuperación, cuxo fin é garantir a conservación da especie que vive en estado silvestre no territorio da comunidade autónoma, dos seus hábitats e establecer medidas adecuadas que permitan preservar, manter e restablecer as súas poboacións naturais facéndoas viables.

Por todo isto, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza redactou unha proposta de plan de recuperación do sapoconcho común en Galicia baseándose nunha proposta técnica elaborada previamente onde se recollen os fundamentos das medidas de conservación incluídas neste decreto. Este proxecto normativo iniciou a súa tramitación mediante a Resolución do 23 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza e, posteriormente, someteuse a consultas previas das consellerías con competencias afectadas por el ao trámite de información pública e audiencia aos interesados. Á vista das observacións e informes recibidos, redactouse a proposta final do plan de recuperación, que se elevou ao Consello da Xunta para a súa aprobación mediante decreto.

O presente decreto pretende actualizar e complementar a normativa en vigor en coherencia coa a necesidade de aplicar medidas de protección e xestión do sapoconcho común para evitar o seu risco de extinción en Galicia. A aprobación deste plan executivo vincula tanto os particulares como as administracións competentes, as cales deben ter en consideración as directrices e actuacións contidas neste decreto. En calquera caso, o plan aprobado debe considerarse como un instrumento dinámico, polo que se prevén os mecanismos necesarios para o seguimento da súa eficacia e para a súa revisión cando así o requira.

Na súa virtude, tendo en conta as consideracións que anteceden, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo de deliberación no Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e cinco de abril de dous mil trece,

DISPOÑO:

TÍTULO IDisposicións xerais

Artigo 1 Obxecto

Este decreto ten por obxecto a aprobación do Plan de recuperación do sapoconcho común (Emys orbicularis L.) en Galicia.

Artigo 2 Ámbito de aplicación

O presente decreto é de aplicación en todos aqueles lugares de Galicia considerados como imprescindibles para a conservación e recuperación da especie e estrutúranse en tres tipos de áreas delimitadas no título II do presente decreto, representadas graficamente nos planos contidos no seu anexo II.

Artigo 3 Finalidade e obxectivos
  1. A finalidade do Plan de recuperación, de acordo cos antecedentes e razóns que se expoñen no anexo I, é a de consolidar a conservación dos núcleos de poboación coñecidos de sapoconcho común, garantindo así a supervivencia a longo prazo destas poboacións, e promover a introdución da especie no seu hábitat potencial, duplicando polo menos o número de zonas de presenza coñecidas na actualidade.

  2. As propostas do plan concrétanse nunhas normas de protección da especie e do seu hábitat e nunhas medidas de actuación para acadar os seguintes obxectivos:

  1. Evitar as afeccións directas sobre a especie por accións antropoxénicas: introdución de especies exóticas invasoras, capturas como mascota e molestias directas.

  2. Favorecer o incremento do tamaño da poboación.

  3. Reintroducir a especie en, polo menos, catro novas localidades con hábitats favorables para a especie.

  4. Conservar e mellorar a calidade do hábitat da especie.

  5. Aumentar os coñecementos sobre ecoloxía e bioloxía aplicadas á xestión, imprescindibles para o desenvolvemento do plan.

  6. Realizar un seguimento e avaliación das medidas adoptadas. Planificar as medidas a adoptar para o cumprimento e desenvolvemento do plan.

  7. Crear un fondo documental de apoio á xestión e investigación da especie.

  8. Informar, concienciar e facer partícipe a sociedade dos problemas da conservación da especie.

Artigo 4 Vixencia e revisión
  1. A vixencia do plan será indefinida ata acadar os obxectivos propostos.

  2. Co fin de adaptar o plan aos novos condicionantes existentes para a conservación da especie, avaliaranse os seus resultados cada 6 anos e realizarase a súa modificación no caso de que se requira o reaxuste das medidas de conservación.

  3. No caso de considerarse necesario, poderanse realizar modificacións antes de dito período no referente ás actuacións e á zonificación tal e como recolle o Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas.

TÍTULO IIÁmbito de aplicación: zonificación

Artigo 5 Zonificación

De conformidade co disposto no artigo 2, o ámbito de aplicación deste decreto, que comprende a denominada «zonificación do sapoconcho común», está constituída pola área de distribución potencial, a área de presenza e a área prioritaria de conservación, que se representan graficamente no anexo II.

Artigo 6 Área de distribución potencial
  1. A área de distribución potencial defínese como a área que polas súas características naturais e estado de conservación reúne condicións como hábitat da especie. Forman tamén parte desta área de distribución potencial as áreas identificadas e verificadas como zonas de conexión entre os actuais núcleos de poboación.

  2. No presente plan inclúense na área de distribución potencial as masas de auga lénticas e zonas húmidas, así como as súas correspondentes zonas de policía de 100 m de largo en cada banda, das zonas sinaladas no anexo II.

Artigo 7 Área de presenza
  1. A área de presenza defínese como a área de distribución actual, onde a presenza de exemplares foi regular nos últimos cinco anos.

  2. O Plan de recuperación do sapoconcho común (Emys orbicularis L.) recolle a presenza actual en catro zonas do sur de Galicia, que se representan graficamente no anexo II.

    1. Bacía do río Arnoia (concellos de Allariz, Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas, provincia de Ourense). Inclúe a canle e ribeiras do río Arnoia desde o N do núcleo de Vide (Baños de Molgas) ata o viaduto na Acea (Allariz). Inclúe, ademais, a braña da Pitadiña e o rego Maceda desde esta ata Baños de Molgas, así como a braña da Acea, as beiras do Regueiro de Mevan, e o río Tioira ata o cruzamento coa estrada OUR-103 na Seara.

    2. Bacía do río Avia (concellos de Ribadavia, Beade, Leiro e Cenlle, provincia de Ourense). Inclúe a canle e as ribeiras do río Avia entre a ponte que une os núcleos de Leiro e San Clodio e o viaduto da N-120 ao N da vila de Ribadavia. Incorpora, ademais, as graveiras naturalizadas de San Cristovo de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR