DECRETO 162/2012, do 7 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de apostas da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado mediante Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, atribue á nosa comunidade autónoma no seu artigo 27.27 a competencia exclusiva en materia de casinos, xogos e apostas e, en virtude de tal atribución, aprobouse a Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.

As apostas están previstas na citada Lei 14/1985, do 23 de outubro, que recolle no seu artigo 6 como unha modalidade de xogo que pode ser autorizado na nosa comunidade autónoma as «apostas que estean debidamente autorizadas e sexan expresión ou consecuencia dunha actividade deportiva». Non obstante, a pesar de tal previsión e das continuas referencias ás apostas na dita lei, ata o de agora carecía esta dun desenvolvemento normativo específico, posto que nin sequera o Decreto 166/1986, do 4 de xuño, polo que se aproba o Catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia, contiña unhas regras básicas para a práctica das apostas deportivas e limitábanse a enumerar como un dos xogos incluídos no devandito catálogo as apostas hípicas.

Coa finalidade de poñer fin a esta falta de cobertura normativa, apróbase este decreto, que pretende, deste xeito, cubrir un importante baleiro mediante a regulamentación dunha actividade que se atopa en auxe e que, igual que acontece en diferentes países europeos, está a adquirir no noso contorno unha crecente importancia económica e unha cada vez máis intensa repercusión social.

Neste senso cómpre sinalar que a evolución deste fenómeno e o seu referido impacto económico e social motivou a apertura dun proceso de elaboración e aprobación de normas específicas por outras moitas comunidades autónomas, o cal contribuíu a converter nunha tarefa inaprazable para a nosa comunidade a aprobación dunha norma que abordase axeitadamente a dimensión das apostas.

O regulamento que se aproba mediante este decreto pretende regular as apostas deportivas en Galicia cunha visión integradora das distintas modalidades de apostas que poden recaer sobre acontecementos deportivos, pero sempre respectando uns límites tanto subxectivos –persoas que teñen prohibida a formalización de apostas– como obxectivos –eventos sobre os cales se prohibe a realización de apostas– co obxectivo de velar tanto polo respecto aos dereitos e liberdades recoñecidos na Constitución española de 1978 como de velar pola saúde e polos dereitos dos consumidores e usuarios.

O regulamento que se aproba mediante este decreto consta de sesenta e oito artigos e estrutúrase nun título preliminar e seis títulos.

O título preliminar contén as disposicións xerais da norma. Cómpre destacar de entre estas disposicións a inclusión dun artigo que recolle as definicións necesarias para unha mellor comprensión dos termos propios da materia regulada e as disposicións referidas á tipoloxía das apostas e á dobre limitación das apostas referida. Así mesmo, recóllese neste título preliminar a creación do Rexistro de apostas da Comunidade Autónoma de Galicia, con explicación da súa estrutura e os efectos da inscrición por parte das empresas interesadas.

O título I, «Da Inscrición de empresas comercializadoras e explotadoras de apostas, empresas fabricantes e importadoras», prevé a necesidade de que as empresas que estean interesadas en comercializaren e explotaren as apostas ou fabricaren ou importaren material de apostas sexan autorizadas previamente pola dirección xeral competente en materia de xogo. Neste sentido inclúense neste título todos os requisitos que as ditas empresas deben cumprir e a documentación que deben achegar xunto coa súa solicitude, deseñando o procedemento que se deberá seguir para a concesión das referidas autorizacións e o réxime xurídico (vixencia, modificación e extinción) destas.

O título II, «Do réxime de homologación do material para a práctica das apostas e requisitos técnicos», recolle as condicións que deben concorrer necesariamente para que as empresas poidan acadar a homologación do material de apostas. así como o procedemento administrativo que deberá observar a dirección xeral competente en materia de xogo tanto para a homologación como para a posible cancelación da inscrición do material homologado.

Tamén se recollen neste título os requisitos técnicos que debe cumprir todo o material de apostas e, neste punto, o regulamento presta especial atención á necesidade de salvagarda da confidencialidade e á integridade das comunicacións, así como á prohibición de participación de menores de idade nas apostas e á protección de datos de carácter persoal.

Logo de artellar o réxime de requisitos técnicos xerais, o título II remata coa enumeración de requisitos específicos que deberán ser cumpridos por cada un dos principais elementos que compoñen o material de apostas, isto é, a unidade central de apostas, as máquinas de apostas e os boletos ou resgardos de apostas.

O título III, «Das apostas», regula os procedementos e as condicións de formalización das apostas, os límites cuantitativos nestas e a forma de proceder para o caso de que as apostas resulten aprazadas, suspendidas ou anuladas. Neste título, o regulamento detense especialmente en todo o que concirne aos premios mediante a promulgación dunhas regras básicas no tocante á repartición e pagamento de premios.

O título IV «Dos locais de apostas e das súas condicións» recolle os establecementos que se entenden autorizados para a formalización das apostas –tendas de apostas, casinos, bingos, salóns de xogo, recintos deportivos e feirais e locais de hostalaría– relacionando as condicións que se deben cumprir nos distintos espazos de apostas.

O título V, «Do persoal e das persoas usuarias», regula as prohibicións que recaen sobre o persoal das empresas comercializadoras e explotadoras de apostas e os dereitos das persoas usuarias de información, admisión e a formular queixas e reclamacións todo iso co afán de outorgar a máxima protección a aqueles que desexen participar nas apostas e crear un marco de xogo seguro e transparente.

Finalmente, o título VI, «Da inspección das apostas e do réxime sancionador», regula o control e a inspección da actividade das apostas e das empresas autorizadas, así como o réxime de infraccións e sancións, adaptando o catálogo de infraccións previsto na Lei 14/1985, do 23 de outubro ás especialidades que se suscitan no eido das apostas e trasladando o esquema procedemental sancionador trazado na dita lei coa mesma correlación entre infraccións e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR