Decreto 77/2008, do 3 de abril, polo que se aproba o cambio de titularidade de varios tramos da estrada autonómica AC-546 a prol do Concello da Baña.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

O 22 de marzo de 2007, o Concello da Baña solicita da Delegación Provincial da Coruña desta consellería a transferencia da titularidade dos treitos da antiga estrada AC-443, actualmente estrada AC-546 (Negreira (AC-444)-A Pereira (AC-400). Estes tramos son tramos antigos e sobrantes da infraestrutura viaria que discorren dentro do concello da Baña.

O 17 de outubro de 2007, o Servizo de Conservación e Explotación da Dirección Xeral de Obras Públicas emite informe favorable sobre o cambio de titularidade dos seguintes tramos antigos e sobrantes a prol do Concello da Baña:

-AC-546, pk do límite do concello ao 2+280, marxe dereita.

-AC-546, pk do 2+860 ao 3+050, marxe esquerda.

-AC-546, pk do 3+050 ao 3+890, marxe dereita.

-AC-546, pk do límite do concello ao 4+730, marxe esquerda.

-AC-546, pk do 5+360 ao 5+480, marxe dereita.

-AC-546, pk do 5+530 ao 6+000, marxe dereita.

-AC-546, pk do 6+300 ao 6+450, marxe dereita.

-AC-546, pk do 7+160 ao 8+210, marxe esquerda.

-AC-546, pk do 8+580 ao 8+770, marxe esquerda.

-AC-546, pk do 9+620 ao 9+800, marxe dereita.

-AC-546, pk do 9+840 ao 9+970, marxe esquerda.

-AC-546, pk do 10+040 ao 10+120, marxe esquerda.

O 19 de outubro de 2007, a Dirección Xeral de Obras Públicas dá a súa conformidade á proposta formulada polo devandito servizo e a Subdirección Xeral de Conservación e Explotación.

O 16 de xaneiro de 2008, o Concello da Baña manifesta a súa aceptación ao exposto no informe-proposta da Dirección Xeral de Obras Públicas.

Nos treitos antigos da actual estrada AC-546 que está previsto transferir, concorren as seguintes características: os tramos mencionados formaban parte da antiga estrada AC-443, e na actualidade son tramos antigos que quedan fóra da estrada AC-546.

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes estimou adecuado o cambio de titularidade dos mencionados tramos antigos da actual AC-546, susceptibles de cesión ao concello por estar incluída no Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, facendo referencia a aquelas susceptibles de ser transferidas por non dar continuidade a itinerarios ou ser treitos antigos de estradas en que se fixeron variantes de trazado.

Conforme o sinalado no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, tras o acordo entre as administracións afectadas, por proposta da conselleira de Política...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR