Decreto 215/2003, do 3 de abril, polo que se modifica o artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, que regula a concesión da Medalla de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

O elevado número de candidatos que se veñen propoñendo para a concesión da Medalla de Galicia por moi diversos sectores da sociedade galega, concorrendo en moitos deles méritos abondos para seren galardoados con tan importante distinción, fai necesario adapta-lo artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, ás novas circunstancias.

Polo tanto, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de abril de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único Queda modificado o artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, dándoselle a redacción seguinte:

Artigo 4º

Anualmente poderanse conceder como máximo tres medallas de Galicia na súa categoría de ouro, dez de prata e vinte de bronce. Non se computarán neste número as medallas de Galicia que se outorguen, se é o caso, por razóns de cortesía ou reciprocidade.

Tampouco se computarán no número de medallas sinaladas no parágrafo anterior as que sexan concedidas a institucións, fundacións, asociacións e persoas xurídicas ou morais en xeral

.

Disposición...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR