DECRETO 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

A Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, asume o principio comunitario de recuperación de custos dos servizos relacionados coa auga por parte de todas as administracións intervenientes no ciclo da auga e faino mediante a creación do canon da auga, como tributo propio afectado aos programas de gasto da Comunidade Autónoma de Galicia en materia do ciclo da auga, como se sinala no artigo 44 da lei, e coa do coeficiente de vertedura a sistemas de depuración, como taxa específica para a prestación deste servizo por parte da Administración hidráulica de Galicia.

Neste sentido, a elaboración do decreto polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais presenta unha dobre xustificación: por unha parte, a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, difire en moitos aspectos na xestión e configuración de ambos os tributos a un desenvolvemento regulamentario posterior, cuxa habilitación vén referida na súa disposición derradeira primeira e, por outra parte, aínda que a citada lei entrou en vigor aos trinta días seguintes da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, o inicio da aplicación e exixencia do canon da auga e do coeficiente de vertedura non terá lugar ata que se diten as normas de desenvolvemento en virtude da súa disposición transitoria segunda, polo que este decreto non só constitúe un apoio regulamentario á lei, senón que determina o inicio da exacción dos novos tributos creados nesa lei.

Na elaboración deste decreto optouse por reproducir os preceptos legais contidos na Lei de augas de Galicia, co obxecto de facilitar aos seus destinatarios o coñecemento da regulación global da materia mediante unha única norma.

A estrutura do decreto é moi sinxela, porque se trata dunha norma de artigo único en que se declara a aprobación do regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais, ao cal se engaden catro disposicións adicionais, unha disposición derrogatoria, dúas disposicións transitorias e unha disposición derradeira. Por outra parte, a posibilidade de que os usos non domésticos tributen na modalidade de carga contaminante fai necesario incluír un anexo onde se relacionan a metodoloxía analítica para a determinación dos parámetros de contaminación nesa modalidade.

No que respecta á estrutura do regulamento, divídese en catro títulos, onde o preliminar está dedicado ás disposicións xerais, o primeiro ao canon da auga, o segundo ao coeficiente de vertedura e o terceiro a outras normas procedementais.

O título preliminar «Disposicións xerais» contén o obxecto do presente regulamento, a súa normativa aplicable e identifica as competencias do ente Augas de Galicia e das restantes administracións públicas.

No título I «Canon da auga» realízase un desenvolvemento dos elementos esenciais do canon da auga, dos distintos tipos de usos da auga, as obrigas das entidades subministradoras, xestión do canon da auga en aproveitamentos propios dos suxeitos pasivos e sobre a modalidade de aplicación nos usos non domésticos. Este título estruturouse en sete capítulos.

O capítulo I «Elementos do tributo» dedícase a desenvolver todos os aspectos vinculados ao feito impoñible, supostos de non suxeición e exención, diferentes obrigados tributarios, sistemas de cuantificación da base impoñible e do tipo de gravame.

Nos usos da auga relaciónanse os distintos tipos de usos da auga recollidos na lei, xunto coa correspondente definición de cada un deles. Porén, nos usos agrarios, gandeiros e forestais establécese a maneira de identificar os suxeitos pasivos que teñen a dita consideración en beneficio dunha maior seguridade xurídica, posto que a lei unicamente se limita a enumerar, mediante unha remisión ao código CNAE, as actividades que teñen a consideración de usos agrarios, gandeiros e forestais.

Dentro do artigo referido aos suxeitos pasivos en substitución do contribuínte establécese a posibilidade de que as comunidades de usuarios actúen como entidades subministradoras, en virtude das funcións que lles encomenda o artigo 199.2 do Real decreto 849/1986, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico cando establece que, por mandato da lei e coa autonomía que nela lles recoñece, as comunidades farán, entre outras, as funcións de distribución das augas que teñan concedidas pola Administración.

Neste sentido, o carácter voluntario a esa intervención das comunidades de usuarios como entidades subministradoras da auga e, por tanto, como suxeitos pasivos substitutos do contribuínte, deriva en que a propia Lei de augas de Galicia tamén as configura coma outras tipoloxías de obrigados tributarios; isto é, como suxeitos pasivos en calidade de contribuíntes e como responsables solidarios do comuneiro.

Na mesma liña argumental debe entenderse a previsión contida no artigo 7 pola que se considerara os comuneiros como usuarios da auga cando a comunidade actúe como entidade subministradora, da mesma maneira que o son os titulares do contrato de subministración cando son abastecidos a través de entidade subministradora.

Por outra parte, neste mesmo capítulo dáse o oportuno desenvolvemento regulamentario ao mandato da lei no referido aos criterios para a determinación do carácter especial da contaminación nos usos agrícolas, gandeiros e forestais. Para tal efecto, o regulamento configura a dita existencia de contaminación especial cando o suxeito pasivo fose sancionado en materia de verteduras de augas residuais e a consellería competente emita informe relativo ao incumprimento do disposto no código de boas prácticas agrarias. Deste modo, mantense a presunción de non contaminación que establece a lei ao consideralos fóra do ámbito do feito impoñible cando, sabendo que consomen auga, os configura como usos non suxeitos e, pola súa vez, se establece a súa suxeición cando se apartan deste comportamento adecuado dos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR