Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O compromiso cos principios de austeridade, eficacia e eficiencia no deseño e funcionamento da Administración da Xunta de Galicia supuxeron unha redución do 25% nas consellerías que anteriormente compoñían o Goberno, como reflicte o Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

Do mesmo xeito, e en lóxica consecuencia, este compromiso coa austeridade, eficacia e eficiencia debe ter o seu correspondente reflexo nas estruturas orgánicas correspondentes ás consellerías creadas en virtude do antedito decreto. Así, prodúcese agora unha nova redución que chega ao 17% nas secretarías xerais, direccións xerais e órganos de igual categoría con respecto á situación anterior, e salvagardando, en todo caso, a necesaria eficacia e eficiencia no funcionamento da Administración antes sinalada.

Na súa virtude e segundo o disposto no artigo 4.15º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e un de abril de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º
  1. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

    1. Secretaría Xeral.

    2. Dirección Xeral de Xustiza.

    3. Dirección Xeral de Administración Local.

    4. Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.

    5. Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

    6. Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

    7. Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

  2. Quedan adscritas organicamente a esta consellería as delegacións territoriais da Xunta de Galicia na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. As delegacións territoriais terán nivel orgánico de dirección xeral.

  3. Así mesmo, quedan adscritas a esta consellería as delegacións da Xunta de Galicia no exterior.

  4. Igualmente, quedan adscritos a esta consellería:

    1. O organismo autónomo Escola Galega de Administración Pública.

    2. O organismo autónomo Academia Galega de Seguridade Pública.

    3. O ente público Axencia Galega de Emerxencias.

Artigo 2º
  1. A Consellería de Facenda estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

    1. Secretaría Xeral e do Patrimonio.

    2. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

    3. Dirección Xeral de Orzamentos.

    4. Dirección Xeral de Tributos.

    5. Dirección Xeral de Política Financeira.

    6. Dirección Xeral de Planificación e Fondos.

    7. Dirección Xeral da Función Pública.

  2. Quedan adscritos a esta consellería:

    1. O organismo autónomo Instituto Galego de Estatística.

    2. O organismo autónomo Tribunal Galego de Defensa da Competencia.

    3. O ente público Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable.

    4. O Consello Económico e Social de Galicia, ente institucional de dereito público, consultivo, creado pola Lei 6/1995, do 28 de xuño.

Artigo 3º
  1. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

    1. Secretaría Xeral.

    2. Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

    3. Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

    4. Dirección Xeral de Infraestruturas.

    5. Dirección Xeral de Mobilidade.

    6. Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe.

  2. Quedan adscritos a esta consellería:

    1. O organismo autónomo Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

    2. O organismo autónomo Augas de Galicia.

    3. O organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

    4. O ente público Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

    5. O Xurado de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR