DECRETO 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A optimización dos recursos públicos, a eficacia na xestión e o logro da máxima coordinación das distintas unidades administrativas son principios básicos que guían a actuación da Xunta de Galicia.

En aplicación destes principios, no ano 2009 iniciouse un proceso gradual de racionalización, simplificación e redución das estruturas administrativas, tanto no que atinxe á Administración xeral como ao conxunto de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

Así, abordouse unha redución do 40 % no número de consellerías, impulsouse un novo deseño da administración periférica con cinco únicas delegacións territoriais, reduciuse á metade o número de altos cargos e executouse un completo plan para adelgazar a dimensión da Administración instrumental.

Cos referidos axustes, a Administración autonómica adaptou a súa arquitectura organizativa ao actual contexto de crise e restrición do gasto público, ao tempo que promove unha acción pública máis eficaz e articulada, que mantén o nivel de calidade na prestación dos servizos públicos.

Como corolario deste proceso de reforma e modernización administrativa, aprobouse a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Esta norma, ademais de clarificar, ordenar e sistematizar a estrutura do sector público autonómico, supón a introdución de medidas de racionalización e simplificación.

Neste marco, procede agora aprobar a estrutura orgánica superior da Vicepresidencia e das respectivas consellerías. E é compromiso da Xunta de Galicia afondar no camiño xa iniciado en 2009 de redución do gasto burocrático e racionalización da dimensión das súas estruturas administrativas, consolidando pautas de mellora continua na procura dunha maior eficacia e eficiencia no seu funcionamento.

Entre as novidades máis importantes, o presente decreto aborda a supresión de cargos directivos, órganos de dirección e entes instrumentais.

Por unha banda, elimínanse tres cargos directivos cuxas funcións pasan a ser asumidas por direccións xerais xa existentes. Nesta situación atópase o persoal directivo da Academia Galega de Seguridade Pública, do Instituto Enerxético de Galicia e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

En paralelo, procédese á supresión doutros tres cargos directivos, cuxas funcións pasan a ser asumidas por postos equivalentes ao de subdirector/a xeral. É o caso dos cargos directivos do Xurado de Expropiación de Galicia, do Instituto de Estudos do Territorio e do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Finalmente, o presente decreto contén previsións relativas á extinción ou fusión de varios entes instrumentais, que suporán a redución doutros catro cargos directivos ou asimilados.

Neste sentido, os procesos de reestruturación previstos recollen a supresión e liquidación da Fundación Pública Illa de San Simón e da Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria; a refundición nun só ente do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) e do Instituto Galego de Estatística; e a fusión nun único órgano do Centro de Transfusións de Galicia, a Oficina de Coordinación de Transplantes ou os bancos de tecidos terapéuticos e biobancos.

Así mesmo, o presente decreto incorpora determinadas previsións relativas a modificacións da estrutura orgánica de centros directivos, derivadas tamén da creación dunha Vicepresidencia da Xunta de Galicia, destacando a adscrición a esta da Asesoría Xurídica Xeral e da Secretaría Xeral de Igualdade, ata o momento dependentes da Presidencia da Xunta.

Na Consellería de Facenda procédese a integrar na nova Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos as funcións de planificación económica, ata o de agora asumidas pola Dirección Xeral de Planificación e Fondos. Este último centro directivo pasa a denominarse Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos, centrando, por tanto, intensivamente a súa actividade na captación, canalización e xestión de recursos comunitarios.

Por último, na Consellería de Traballo e Benestar, e co obxectivo de acadar unha mellor adaptación ás necesidades sociais e laborais derivadas do actual escenario económico, procédese á creación da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, da Dirección Xeral de Emprego e Formación e da Dirección Xeral de Familia e Inclusión, en substitución das anteriores Dirección Xeral de Relacións Laborais, Dirección Xeral de Promoción do Emprego e Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Na súa virtude, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de acordo co artigo 25.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no exercicio da facultade outorgada polo artigo 4.15º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo 1
  1. A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

    1. Vicepresidencia:

      1.1. Secretaría Xeral da Igualdade.

      1.2. Asesoría Xurídica Xeral, con nivel orgánico de dirección xeral.

    2. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

    3. Secretaría Xeral Técnica.

    4. Dirección Xeral de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR